Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

14
Abr
2010
AC Foucelhas pide unha rúa de Ordes para o xefe da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro da Galiza
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por A.C. Foucelhas para "Kaos en la Red"   

AC Foucelhas pide unha rúa de Ordes para o xefe da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro da Galiza

Asina por unha rúa en Ordes para Manuel Ponte Pedreira, xefe da IV Agrupaçom do Exército Guerrilleiro da Galiza, no centenario do seu nacemento.


Manuel Ponte Pedreira.

Da "Associaçom Cultural Foucelhas" de Ordes queremos pedir ao concello que para o vindouro ano 2011, no que se fam cen anos do nacemento de Manuel Ponte Pedreira "xefe da IV Agrupaçom do Exército Guerrilleiro da Galiza, morto en combate contra o fascismo e o guerrilleiro máis respectado e querido polo pobo", se lle dedique a rúa na que morou coa súa dona Maria Ribas Vaamonde (xusto afronte á igrexa paroquial, na coñecida como "Casa Barreiro"), actualmente chamada "Avenida Alfonso Senra".


MANUEL PONTE PEDREIRA naceu na paróquia de Abelhá (Frades), iniciándose mui cedo no ofício familiar: xastre. No taller de Manuel Sousa Hermida (posteriormente colaborador do Che e Fidel Castro na Revolución  Cubana) comeza a politizarse, e en 1936, cando era o presidente do partido Union Republicana de Ordes, participa no Comité de Defensa da Fronte Popular de Ordes, resultando ferido. É detido e encadeado. Cando sae da cadea en liberdade condicional en 1941, pero o acoso policial obrígao a unirse no monte á Resistencia para continuar o traballo de oposición ao réxime. É un líder natural, bo coñecedor da zona, e en pouco tempo asume a dirección da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro da Galiza, atinxindo o nivel de combatividade máis elevado de toda a Resistencia. En outobro de 1946 enviaríalle umha famosa carta ao embaixador británico Victor Mellet, na que lle recorda que

"Nós os guerrilleiros, entendemos moi pouco de sutilezas diplomáticas. Pero entendemos moito de lealdades. Dez anos de vicisitudes e loita, forxaron en nós, xentes de escasa cultura, sinxelos e honestos e cun corazón aberto a todas as dores e sufrimentos do noso pobo, unha clara visión de decencia política e do honor. Aprendemos dos nosos labregos a saber distinguir a palla do trigo e a xulgar ás xentes, polos feitos e non polas palabras".

No 21 de abril de 1947 cae so balas da Guardia Civil na súa aldea natal, convertindose xa nun heroe popular, e marcando o punto de inflexión da decadencia da resistencia armada ao franquismo na Galiza.

A día de hoxe a principal rúa de Ordes chámase "Avenida Alfonso Senra", incumprindo a Lei 52/2007 do 6 de decembro, coñecida como "Lei da Memoria Histórica", que no seu artigo 15: "Símbolos e monumentos públicos", indica que "As Administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións comemorativas de exalzamento, persoal ou colectivo, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura. Entre estas medidas poderá incluírse a retirada de subvencións ou axudas públicas".

ALFONSO SENRA nom só foi durante a Iª Restauración o deputado polo distrito de Ordes "coa axuda do cacique comarcal Saturnino Aller", senon que xogou un papel central na represión franquista. Xa en 1932, con motivo do golpe de estado do xeneral Sanjurjo, o ex deputado por Ordes dedicará-lle ao golpista cualificativos de "caudillo" ou "ejemplar único de la raza". Xa no golpe de Franco, asumirá un importante posto no Tribunal de Responsabilidades Políticas, encargado de retaliar as máis altas autoridades da República: así, en 1941 condena ao ex presidente Niceto Alcalá Zamora. Meses antes sentenciara ao catedrático Sánchez Albornoz, que sería presidente da República no exilio. O historial de Alfonso Senra non é, pois, o dun franquista calquera, senon o de unha das grandes autoridades fascistas. En 1940 reunese co sanguento Paul Winzer, nazi e xefe da Gestapo en Madrid. A colaboración do nazi co réxime franquista sería fundamental, especialmente na construción do campo de concentración de Miranda de Ebro, polo que pasarían uns 65.000 presos políticos até 1947. O nome de Alfonso Senra está ben unido á barbárie: así se chamaba tamén o vapor militar fondeado en Rianxo "tras os golpistas asasinaren a tripulación de esquerdas" no 14 de novembro de 1937, con máis de mil presos políticos da fronte de Astúrias, e que se convertiria nun campo de concentración pola que pasaron uns tres mil homes. [Máis información sobre Alfonso Senra: http://agal-gz.org/blogues/index.php/foucelhas/2010/04/13/quen-lévao-nome-das-nosas-rúas-alfonso-senra]

Por todos estes motivos, cremos xusta a retirada da nomenclatura das rúas de Ordes calquera atisbo de homenaxe a Alfonso Senra, represor franquista do máximo nivel, o cal, de feito, é ilegal segundo a Lei da Memoria Histórica. Propomos que a "Avenida Alfonso Senra" pase entón a denominarse "Avenida Manuel Ponte Pedreira", como merecida homenaxe a un dos máis importantes loitadores pola liberdade da Galiza, e do que nos compracemos que nacese na nosa comarca.

 

Comentarios (1)
Agradecemos moito todos os apoios...
1 Mércores, 14 Abril 2010 23:43
Un ordense
...que nos podades dar para que esta campaña vaia adiante. É unha vergoña que o nome da rúa máis importante de Ordes estea dedicada a un represor franquista.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República