Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

07
Abr
2010
León debaterá a retirada da Medalla de Ouro concedida a Franco
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Elena F. Gordón para "La Crónica de León"   

León debaterá a retirada da Medalla de Ouro concedida a Franco

O Pleno acorda pedir colaboración ao Goberno para cambiar rúas e retirar símbolos da ditadura

O equipo de goberno do Concello de León proporá a retirada da Medalla de Ouro da Cidade, outorgada "con loureiros" a Francisco Franco o 27 de marzo de 1952 . A concesión fíxose a proposta do entón alcalde, Carlos Álvarez Cadórniga, e foi votada por unanimidade. Dáse a circunstancia de que foi a primeira entregada polo Consistorio. Das 17 posteriores, ningunha tivo a categoría que se lle engadiu á dada a Franco.




Agora, en cumprimento da Lei da Memoria Histórica, o Concello, que onte aprobou por unanimidade pedir colaboración ao Goberno para desenvolver dicha normativa, creará unha comisión que debaterá e proporá a retirada dese galardón. Unha condecoración que foi xustificada "en proba de recoñecemento á suma de virtudes políticas e sociais que na súa persoa concorren, en agradecemento a canto contribuíu ao progreso da cidade e benestar cidadán, e en recompensa ás ilimitadas honras a que se fixo acredor", segundo publicou a diario Proa.

"O normal é que se retire. Unha das cuestións que eu vou expor no acordo é que se retire a medalla de honra, igual que se fixo noutras cidades con consenso de todos", sinalou onte o concelleiro de Réxime Interior, Ibán García do Branco.

Ademais, a aplicación da lei contempla o cambio de nome nas rúas de denominación franquista. Así, existe xa unha listaxe de 24 viarios que serán sometidos a consenso "caso a caso, buscando un criterio común que aplicar a todo o demais, a decisións que puidesen ser máis controvertidas ou dubidosas".

Á parte da designación de rúas, a lei prevé medidas comola retirada de símbolos alegóricos ou exaltacións de persoas "relacionadas co golpe ou absolutistas ou totalitarios". En León, hai varios exemplos escudos ou placas susceptibles de desaparecer a paisaxe urbana, como a situada na praza de San Marcelo, dedicada a José Antonio Primo de Rivera. "O bo que terá a comisión é que aplicará rigor e escoitarase a todos os grupos políticos", sinalou García do Branco.

 

 

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

¡Probe Galiza, que sangras

por mil feridas abertas!

¡Malia qénes che as fixeron!

¡Malia quénes che encadean!


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República