18 Mar 2010 |
Franco emprende a súa última viaxe
|
Franco emprende a súa última viaxe Moitas cousas lembrarán aquela madrugada de xullo do 2002, que quedou marcada na memoria colectiva dos ferroláns. A primeira, a gran gaiola metálica coa que se pretende protexer a integridade da imaxe. O armazón foi colocado onte para que hoxe o conxunto poida ser izado cun guindastre e depositado nun camión góndola para o seu traslado. Unha peza de, en total, 9.000 quilos de peso e seis metros de altura que deberá ser trasladada a baixa velocidade para evitar problemas de estabilidade. A estatua mostra ao ditador durante un desfile militar -o único do que hai constancia que o fixo dacabalo- no ano 1945. A única revista que pasará hoxe será aos buques que se constrúen no estaleiro de Navantia, precisamente o lugar onde se fundiu a escultura deseñada polo madrileño Federico Coullat-Valera. A última viaxe discorrerá integramente por chan militar, desde as proximidades do recinto onde se aloxa o museo naval até a nave de repostos que ocupará alén do perímetro do estaleiro. Un itinerario que pola estrada de circunvalación civil sería de 1,2 quilómetros, pero que co trazado interior, esquivando naves e diques, alcanzará ao redor de dous. Sen público, pero a plena luz do día, o Arsenal agarda completar esta tarde a operación.
Amosa a túa opinión sobre este artigo
|













