Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

17
Mar
2010
Comeza o traslado da estatua de Franco de Ferrol
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Xornal.com   
Comeza o traslado da estatua de Franco de Ferrol

Onte deron comezo os traballos de traslado da estatua ecuestre de Franco do Arsenal militar de Ferrol, dous meses despois de que o Concello, propietario da figura, comunicase o acordo alcanzado co Ministerio de Defensa, que ordenou levar a figura a un almacén militar e cubrila cunha tea, en cumprimento coa lei de Memoria Histórica. Cinco traballadores do Arsenal militar de Ferrol comezaron a repicar o pedestal sobre o que se coloca a efixie, retirando as suxeicións que ancoran a peza, aínda que aseguraron que a operación non quedaría rematada onte.

 

A estatua ecuestre do ditador –elaborada en bronce, de sete toneladas de peso e seis metros de altura– permanece no Patio de Poñente, fronte ao Museo Naval, desde o 4 de xullo de 2002, ano en que foi retirada da praza de España.

O traslado, realizado baixo mandato dun goberno dirixido polo BNG, foi xustificado pola construción dun aparcadoiro subterráneo na súa antiga situación, na céntrica praza ferrolá. O emprazamento da estatua converteuse co paso do tempo no patio de acceso a Exponav e ao Museo Militar.

Con respecto ao aparcadoiro da praza de España, o alcalde de Ferrol, o socialista Vicente Irisarri, confirmou onte que se inaugurará o 27 de marzo “tras anos de calvario”, indicou. Ese foi o día fixado como data de finalización das obras o pasado mes de febreiro, cando o consistorio admitiu que non se podía cumprir o prazo establecido antes.

Irisarri asegurou que este novo prazo vaise cumprir “de forma erscrupulosa”. Na súa opinión, a praza terá “unha calidade magnífica”. Na reforma da superficie da praza –que terá zonas verdes, un parque infantil, novo pavimento e mobiliario– investíronse 1,3 millóns.

 


Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Déixame morrer no leito

soñando con froles dóuro

English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República