18 Feb 2012 |
Breve mofa de entroido coa "Alcaldía de Vigo" na cruz
|
Bueeeno...! Agora xa sabemos por qué a Cruz franquista do Castro non se derruba... é que ten dono!
Breve mofa de entroido coa "Alcaldía de Vigo" na cruz O rexedor ordena retirar un cartel con "o seu" logo da cruz dos caídos de O Castro "A cruz franquista de O Castro tamén está de entroido", foi a mensaxe da Asemblea Republicana de Vigo, esta mesma mañá, que rendeu acompañado da imaxe do polémico símbolo cun cartel de Alcaldía Vigo de xenerosas dimensións. Nada máis apropiado no clima de transgresión que se supón propio da celebración.Pero o alcalde vigués, Abel Caballero, non está para coñas, nin sequera en entroido. A iniciativa se mofaba do dobre empeño do rexedor na exaltación da cartelaría Alcaldía Vigo, que baixo o seu mandato relegou o logo histórico de Concello de Vigo, e en soster e non emendar -contra a lei e negándose incluso, persistentemente, a expor os seus motivos ou comentar o asunto- a cruz de O Castro, cuxa presenza, por iso mesmo, o rexedor volveu polémica. "Algún servizo do Concello", segundo o rexedor, retirou con dilixencia o cartel, xa que non a cruz. Caballero asegurou que el non o ordenou. Pero se do entroido só cabe na axenda municipal o seu programa, non como data de excepción para a befa e a transgresión veciñais á conta de quen gobernan, ha de ser porque neste Vigo de hoxe, como na España do clásico que o sentenciou, todo o ano é entroido, con cruz e carteis. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|





"A cruz franquista de O Castro tamén está de entroido", foi a mensaxe da Asemblea Republicana de Vigo, esta mesma mañá, que rendeu acompañado da imaxe do polémico símbolo cun cartel de Alcaldía Vigo de xenerosas dimensións. Nada máis apropiado no clima de transgresión que se supón propio da celebración.






