03 Feb 2012 |
O alcalde de Monforte pide perdón por apoiar unha rúa para Fraga
|
O alcalde de Monforte pide perdón por apoiar unha rúa para Fraga
Severino Rodríguez, do BNG, admite que a súa decisión indignou» e «desilusionado» a moitos veciños ![]() O Concello de Monforte será o primeiro gobernado polo BNG que dedique unha rúa a Manuel Fraga. A proposta saíu adiante grazas a unha moción do PP no pleno municipal que se celebrou o luns. O alcalde, o nacionalista Severino Rodríguez, difundiu onte unha carta na que se desculpa ante quen se sentiron molestos pola súa decisión de non facer nada para impedir que a moción prosperase. A proposta sobre Fraga saíu adiante con seis votos, os que ten o PP na corporación monfortina. O PSOE decidiu absterse, así que os sete representantes do BNG podían tombar a proposta. Pero non foi así. Tres deles, incluído o alcalde, abstivéronse e os outros catro votaron non. Os que se abstiveron fixérono por «respecto institucional» cara á figura do expresidente da Xunta, segundo argumentou aquel día Severino Rodríguez. A decisión xerou un considerable balbordo no BNG. Na súa carta, o alcalde admite que a súa decisión «provocou en moita xente indignación, desilusión e desprezo» e pide perdón por iso, pero asegura que xa non hai marcha atrás.
Comentarios (1)
1
Sábado, 04 Febreiro 2012 15:47
Maxo
.
Amosa a túa opinión sobre este artigo
|













