21 Xan 2012 |
O BNG pedirá que se lle retire o título de Fillo Adoptivo a Fraga na Mariña
|
O BNG pedirá que se lle retire o título de Fillo Adoptivo a Fraga na Mariña O BNG presentará mocións nos municipios da A Mariña de Lugo para que lle sexa retirado a Manuel Fraga o título de Fillo Adoptivo deses concellos, que lle foi concedido no ano 1964, porque considera que "carece de sentido que prevaleza" neste momento unha mención honorífica "outorgada durante a ditadura".En declaracións aos medios, o responsable comarcal do BNG e vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, lembrou que se trata dunha decisión tomada en época do Franquismo e que, hoxe en día, tendo en conta que vivimos nunha situación de democracia política, carece de sentido". Ao seu xuízo, non debe prevalecer "un título dese tipo outorgado nunha época protagonizada por unha ditadura". Antonio Veiga aclarou que a orixe dese nomeamento remóntase á acta dunha sesión extraordinaria no municipio de Cervo, presidida por Arcadio Pardiñas, que recolle a aprobación do Regulamento de Honras e Distincións. Esa distinción outorgada a Fraga polo Concello de Cervo coincide cos acordos adoptados por outro cinco corporacións municipais da costa de Lugo -Ribadeo, Barreiros, Foz, Xove, Viveiro e Vicedo-, polo que finalmente entregouse conxuntamente o título que nomeaba a Fraga Fillo Adoptivo da Mariña lucense". Coa presentación destas mocións, o BNG pretende "modificar o Regulamento de Honras que rexe o proceso de concesión deses títulos, que establece como requisito que a aprobación desas mencións honoríficas ten que producirse por unanimidade da Corporación pertinente", polo que tamén é necesario un acordo unánime para retiralas. Segundo o BNG, esa imposición impide "de facto" que se poidan retirar as distincións honoríficas concedidas durante a época franquista, porque basta coa abstención do Partido Popular, aínda que haxa acordo das demais forzas políticas, para bloquear esa decisión. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|





O BNG presentará mocións nos municipios da A Mariña de Lugo para que lle sexa retirado a Manuel Fraga o título de Fillo Adoptivo deses concellos, que lle foi concedido no ano 1964, porque considera que "carece de sentido que prevaleza" neste momento unha mención honorífica "outorgada durante a ditadura".






