Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

20
Xan
2012
O amor a Fraga non ten límites
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por ABC   
O amor a Fraga non ten límites


O alcalde de Lugo, o dirixente do PSOE José López Orozco, volveu deixar moi clara esta mañá a súa postura con respecto á posibilidade de que unha rúa da cidade leve o nome de Manuel Fraga, e en contra da opinión dos seus socios de Goberno do BNG, afirmou que é "merecedor" de tal recoñecemento.

En rolda de prensa, o rexedor local recoñeceu que esa proposta non vai provocar "ningún enfrontamento" entre os socios do bipartito e afirmou que o Goberno local non perderá "nin un só minuto" en disputas estériles, porque por parte duns e doutros hai "distintas visións da realidade".

A pesar de que os nacionalistas invocan o cumprimento da Lei de Memoria Histórica como un dos argumentos para oporse a esa iniciativa, o alcalde lembrou que "as leis hai que cumprilas, pero tamén hai que interpretalas", porque "se non fose necesario interpretalas, non farían falta avogados nin xuíces e sería suficiente cun computador".

"Eu vivín o franquismo. Recordo perfectamente cando condenaron á morte ao señor -Julián- Grimau e sei que ministros estaban alí. Pero, sabe o que me di a miña memoria, que o señor Fraga asinou a Constitución no ano 1978. Posibilitou esa constitución e esa constitución fixo que levemos trinta e cinco anos de convivencia e de entendemento", afirmou López Orozco.

Grazas a eses cambios, precisou, "comprendemos o noso pasado" e hoxe "podemos reivindicar ao señor Grimau".  "Creo que o señor Fraga, presidente da Xunta de Galicia, é merecedor dunha rúa na nosa cidade", concluíu López Orozco, aínda que tamén recoñeceu que esa proposta "non vai ser aprobada por unanimidade". 

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República