19 Xan 2012 |
A nova super-alcaldesa de Madrid, Ana Botella, propón dedicar unha rúa de Madrid a Manuel Fraga
|
A nova super-alcaldesa de Madrid, Ana Botella, propón dedicar unha rúa de Madrid a Manuel Fraga ![]() En declaracións a Telemadrid, Ana Botella adiantou que o seu partido proporá no próximo Pleno municipal que unha rúa ou praza na cidade leve o nome do que fose fundador do PP, Manuel Fraga, como homenaxe a unha persoa que foi "relatora na Constitución, fundamental na Transición e que sen a súa achega non se pode entender a vida política española". Con todo, obvia a alcaldesa os puntos escuros da biografía do político galego. Manuel Fraga foi ministro de propaganda do réxime franquista, xustificou a execución sumaria do dirixente comunista Julián Grimau, e durante toda a súa vida política en ningún momento condenou a ditadura franquista, da que foi protegonista e intenso defensor. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|













