Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

11
Xan
2012
Lugo poderá retirar sen apoio do PP títulos a Franco e a Falanxe
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Pepe Seijo para "El País"   
Lugo poderá retirar sen apoio do PP títulos a Franco e a Falanxe

A Deputación modifica o regulamento de honras

A Deputación de Lugo ten xa lista a reforma do regulamento de honras da institutición que permitirá eliminar "definitivamente" do cadro de distincións da provincia ao ditador Francisco Franco e a formacións como Falanxe ou a Fronte de Mocidades, que recibiron títulos e medallas durante a ditadura. Segundo o goberno provincial, o novo regulamento baséase na Lei de Memoria Histórica e permitirá desposuír de honras a Franco aínda que, como ocorreu hai dúas semanas, o PP opte por absterse. O presidente da Deputación, o socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro, convocou unha xunta de portavoces extraordinaria para mañá co fin de levar a modificación ao próximo pleno.
O goberno bipartito, que comparten socialistas e nacionalistas desde 2007, quere ver fóra das vitrinas de honras calquera vestixio dun réxime que deixou na provincia de Lugo unhas 5.000 vítimas. Así se quere desposuír do título de presidente honorífico a Franco, que lle foi concendido en 1944 coa unanimidade do pleno.

A abstención do PP na sesión que debatía a retirada destas honras, o pasado decembro, bloqueou a medida, xa que o regulamento aínda en vigor só contempla dita posibilidade coa unanimidade do pleno. Tras o ocorrido, o bipartito decidiu cambiar a norma e frear calquera obstáculo a unha moción do BNG que viu a luz en 2009, momento no que o PP xa anticipou a súa postura.

"A cuestión estará en aplicar a Lei da Memoria Histórica e nese sentido a proposta que levará ao regulamento será que, cando haxa vulneracións da Lei da Memoria Histórica, aplíquese o réxime xeral, o regimen de maiorías", adiantou onte Besteiro a este xornal. O novo regulamento redactarase tamén en clave "de igualdade de xénero" e incluirá a súa "adaptación" ao galego, explica o presidente da Deputación. "Ese tres aspectos serán importantes para concluír coa vontade que temos desa retirada de honras e distincións. É unha cuestión que se expón desde o acougo e a tranquilidade, ademais da adaptación ás leis vixentes no noso país", engade.

O único presidente provincial socialista en Galicia aclara que non se acomete o cambio "coa intención de que quede retratado ninguén", en referencia ao PP: "Facémolo porque a corporación ten que quedar retratada como unha corporación democrática". "A partir de aí cada un deberase retratar como queira, non será o presidente quen retrate a ningún dos partidos. Cada un é dono dos seus silencios pero é refén das súas palabras e dos seus actos", afirma Besteiro.

Unha vez saldado o trámite da reunión de portavoces, levará ao próximo pleno a modificación e posteriormente haberá unha exposición ao público para que se presenten alegacións. O goberno provincial confía que na primavera Franco e a ditadura fosen desposuídos das súas honras na provincia.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 
English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República