28 Dec 2011 |
O PP impide cun ardid legal que a Deputación de Lugo retire honras a Franco e á Falanxe
|
"Non enganen á cidadanía señores, se non cren no sistema democrático dígano dunha vez", reclaman desde o BNG O PP impide cun ardid legal que a Deputación de Lugo retire honras a Franco e á Falanxe O PP da Deputación de Lugo serviuse do regulamento da institución, que require do consenso de todos os grupos, para evitar que os votos favorables de PSOE e BNG retiren a Francisco Franco e á Falanxe as distincións honoríficas concedidas durante a ditadura. Os 'populares' tiveron que escoitar duras recriminacións pola súa actitude, como desde o BNG: Non enganen á cidadanía señores do PP, se non cren no sistema democrático, dígano dunha vez por todos e solten amarras con iso que parece que lles ata ao ano 75". O BNG e o PSOE que gobernan na Deputación de Lugo votaron a favor de retirar as honras que a institución provincial concedeu durante a ditadura a Franco e á Falanxe, pero a abstención de 11 deputados do PP evitou que saia adiante a iniciativa.O PP recorre a un ardid legal O regulamento da Deputación de Lugo sobre este punto advirte de que as honras só se poden retirar se hai unanimidade dos grupos, polo que o presidente provincial, o socialista José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que promoverá a súa reforma para levar de novo a proposta ao próximo pleno no mes de xaneiro. O PP se xustifica en que "o de atrás" procuran esquecelo Nos argumentos do pleno deste martes, recollidos por Europa Press, o viceportavoz do PP, Fernando Pensado, xustificou a posición do seu grupo negándose a "recibir ningún tipo de leccións democráticas" e dicindo que "non imos ser meros comparsas do BNG, nin do PSOE". "O PP sempre mira ao presente e para o futuro. O de atrás procura sempre esquecelo", insistíu. BNG: "Solten amarras" Antonio Veiga, do BNG, reclamara ao PP que nestas cuestións "estea á altura das circunstancias e teña as suficientes miras democráticos", aínda que recoñeceu que "non nos estraña" a postura desa formación, aludindo a unha iniciativa similar que frearon en 2009. "Non enganen á cidadanía señores do PP, se non cren no sistema democrático, dígano dunha vez por todos e solten amarras con iso que parece que lles ata ao ano 75", reclamou Veiga. PSOE: "Algún día teñen que dar ese paso" Mentres, o portavoz socialista, Manuel Martínez, lamentou que o PP "siga mirando para atrás e non se converta nunha dereita moderna". "Algún día teñen que dar ese paso e esquecerse do lastre que teñen da ditadura, que queiran ou non foi onde naceron vostedes", espetou ás filas "populares". Honras a Franco, á Falanxe e a Pilar Primo de Rivera Franco foi nomeado presidente de honra da Deputación provincial en 1944 e o título ratificouse un ano despois, sumándose en 1958 a Medalla de Ouro da institución provincial. Esta medalla tamén se lle outorgou á sección feminina da Falanxe e a Pilar Primo de Rivera, e en 1965 á fronte de mocidades da Falanxe. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|





O BNG e o PSOE que gobernan na Deputación de Lugo votaron a favor de retirar as honras que a institución provincial concedeu durante a ditadura a Franco e á Falanxe, pero a abstención de 11 deputados do PP evitou que saia adiante a iniciativa.






