08 Set 2009 |
PSOE: "Vostedes (polo PP) serían un bochorno para o seu partido en Madrid"
|
PSOE: "Vostedes (polo PP) serían un bochorno para o seu partido en Madrid" O concelleiro socialista Carlos González Garcés acusou de retrógrados aos concelleiros do grupo do PP coruñés por dar as costas a "unha lei - a da memoria histórica- que nos concellos gobernados polo partido popular aplicouse". O edil recordou que en Madrid aprobouse por iniciativa propia do equipo do alcalde Gallardón, como noutras cidades co mesmo cor política. "Vostedes serían un bochorno en Madrid para o seu partido", afirmou Garcés. O socialista reprochoulle a Ruano (do PP) que "non poderían admitir o que está dicindo dentro do grupo popular madrileño". "Sería imposible defender con dignidade no Concello de Madrid ante o alcalde popular o que vostede está dicindo", zanxóu. Doutra banda, tamén en Madrid, un cidadán podería entrar no cárcere o vindeiro xoves por substituír unha bandeira constitucional por unha republicana nun edificio público no ano 2006. Jaume d´Urgell enfróntase a unha pena de prisión por negarse a satisfacer a multa imposta polo xuíz por un delito de ultraxe a España. Pedíanlle 4.000 euros por colocar unha ensina tricolor no mástil dos Xulgados de Gran Vía. O home asegura que está "disposto a ir a prisión" por convicción moral e espera que a súa acción sirva para "provocar un debate público"
Comentarios (1)
1
Luns, 28 Setembro 2009 13:32
Xesús
Algo mais que bochormo, vergoña e noxo engadiría eu
Amosa a túa opinión sobre este artigo
|












