15 Ago 2009 |
Retirada de símbolos, “sen demora”
|
Retirada de símbolos, “sen demora”O acto de homenaxe a Moncho Reboiras xustificouse en base á Lei de Memoria Histórica e tivo lugar en pleno centro da cidade da Coruña, moi preto de lugares onde aínda son claramente visibles –tanto no rueiro como nalgúns edificios oficiais– referencias franquistas. A súa retirada é unha das grandes contas pendentes do Goberno local, que malia o mandato legal de retiralos e a presenza do BNG en coalición cos socialistas coruñeses amósase coitado á hora de eliminar esa simboloxía, segundo denuncia constantemente a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da cidade, liderada por algún ex concelleiro do Bloque. O voceiro nacional da organización nacionalista ten claro que “a súa retirada é algo que non se pode demorar máis por moito que algúns queiran compracer a certos grupos ou poderes”. “En Pontevedra se fixo de inmediato e incluso eu anos antes quitei do colexio onde traballaba un aguilucho franquista”, engade.
Amosa a túa opinión sobre este artigo
|












