Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

05
Mar
2009
Os expertos sobre a memoria histórica aproban o informe por unanimidade
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por R. García pata "La Voz de Galicia"   

Os expertos sobre a memoria histórica aproban o informe por unanimidade


Trala reunión de onte, o documento só quedou pendente dos posibles votos particulares

Por unanimidade. Así aprobaron os seis compoñentes da comisión de expertos sobre a aplicación da Lei da Memoria Histórica na cidade o seu informe final. Na reunión de onte estes especialistas matizaron varios pasaxes da proposta inicial, elaborada por Luís Lamela e José Alfeirán, aínda que, segundo indicou Juan José Sánchez Arévalo ao rematar o encontro, «eran algunhas cousas de redacción ou das biografías». Sobre estas derradeirass, Lamela e Porteiro Molina explicaron que algunhas biografías incluídas no devandito documento inicial «estaban moi extractadas e ampliáronse»; en resumo, insistiron, tratábase de pequenas cuestións de redacción e «de unificación de criterios».

A de onte era a terceira reunión desta comisión de expertos e no transcurso da mesma, que se prolongou durante tres horas cando as anteriores foran de dúas, Manuel Monge tamén explicou o contido do que será o seu voto particular; o contido destas propostas foi explicado en varias ocasións polo presidente da Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica e difire do documento aprobado, entre outras cuestións, no número de rúas a retirar, nove máis que no informe aprobado, e no das distincións sobre fillos adoptivos e concesión de medallas de ouro onde pide que lles sexan retiradas, entroutros, a Fraga Iribarne. Segundo indicaron Lamela, Porteiro e Sánchez Arévalo, ningún dos compoñentes da comisión mostrouse favorable a apoiar este voto particular. De todos os xeitos, este tipo de pronunzamentos non serán votados, tal e como acordaron os compoñentes da comisión, e simplemente uniranse ao informe oficial da comisión.

Conclusións

Ao concluír a reunión, Manuel Monge suliñóu, por riba de todo, a unanimidade na retirada de máis de medio centenar de rúas, distincións e placas que está recollido no documento final, sinalou que a redacción última do mesmo será presentada na próxima reunión e aí uniranse os posibles votos particulares. Mentres está claro que Monge presentará un destes votos, José Alfeirán comentou que ao final «pode haber algún voto particular máis, non só o de Monge». A sexta compoñente da comisión, Ana Romeu Masiá, non fixo comentarios.
Á próxima reunión está previsto que asista Carlos González-Garcés, que é o presidente desta comisión, e durante a mesma serían presentadas as conclusións que logo pasarían á comisión de Honores.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 
English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República