Fraga estaba alí, nos Consellos de Ministros da Ditadura participando na represión 10-7-1962. Manuel Fraga entra no Goberno da Ditadura, un mes despois da reunión en Munich de 118 delegados, de todas as tendencia políticas opositoras ao franquismo, convocados polo IV Congreso do Movemento Europeo. Este Congreso solicitaba á Comunidade Económica Europea (CEE) que esixise democracia en España antes do ingreso no organismo europeo. Os asistentes a esta reunión –cualificada pola propaganda oficial como “Contubernio de Munich”- sofren a represión. Fraga, xa como ministro, apoiaba as medidas represivas e presumía ante a prensa de que co exilio e confinamento en diferentes illas de Canarias, os participantes neste Congreso “se podrán librar de las justas iras del pueblo español”
1-4-1963. Creación do Tribunal de Orde Público (TOP), ferramenta para a represión dos demócratas e privación das liberdades, que fai as funcións do Tribunal Especial par a Represión da Masonería e o Comunismo.
20-4-1963. É fusilado o dirixente comunista Julián Grimau.
17-8-1963. Executados a garrote vil os anarquistas Francisco Granado e Joaquín Delgado.
Outubro-1963. Polémica entre Fraga e 180 intelectuais, que asinaron un escrito de protesta polos malos tratos da policía aos mineiros en folga.
1964. Fraga, como ministro de propaganda, dirixe a campaña “25 años de paz”.
Agosto-1965. Son separados das súas cátedras Enrique Tierno Galván, Luis López Araanguren e Agustín García Calvo. Asembleas e manifestacións de estudantes en apoio dos profesores represaliados.
Marzo 1965. O abade de Montserrat, Aureli Maria Escarré é obrigado a exiliarse pola presión do Goberno. Criticara duramente ao réxime franquista en Le Monde.
18-3-1966. Promúlgase a nova lei de Prensa e Información. Continuarían os expedientes, sancións a xornalistas e peches de medios de comunicación.
9-3-1966. A policía asalta o convento dos Capuchinos de Sarriá (Barcelona), cando se celebraba unha asemblea do Sindicato Democrático Universitario.
30-4-1966. O Goberno pecha a Universidade de Barcelona.
28-6-1966. Detención en Madrid de Marcelino Camacho, dirixente de CCOO.
22-7-1966. Secuestro do periódico ABC por un artigo de Luis María Ansón, titulado La monarquía de todos.
22-11-1966 . Franco presenta nas Cortes o Proxecto de Lei Orgánica do Estado.
14-12-1966. Celébrase o referendo para aprobar a citada Lei. Fraga consegue o imposible: en moitos colexios electorais os votos do SI superan o censo electoral.
14-3-1967. O Tribunal Supremo declara ilegal a CCOO.
21-4-1967. O Goberno declara o Estado de Excepción en Biscaia.
1-5-1967. Numerosas detencións nas manifestacións do primeiro de maio.
19-8-1967. Detención de 20 sacerdotes vascos.
7-9-1967. O Tribunal de Orde Público (TOP) condena a Alfonso Carlos Comín por un “delito de opinión”.
1968. Fraga pecha "por cojones" la editorial Ciencia Nueva creada, entroutros por Alberto Méndez (Los Girasoles ciegos) e Alberto Corazón, deseñador, pintor e escultor. Ver entrevista co relato dos feitos 28-3-1968. O Goberno pecha por tempo indefinido a Universidade de Madrid.
31-5-1968. Secuestro do Diario Madrid
Novembro-1968. Sesenta sacerdotes vascos ocupan o seminario de Derio en defensa das liberdades.
17-1-1969. É detido en Madrid o estudante Enrique Ruano Casanova, que morre catro días despois en dependencias policiais.
25-1-1969. O Goberno declara o Estado de Excepción en toda España, que dura ata o 25 de marzo. Hai detencións masivas e moitos intelectuais son confinados.
22-7-1969. As Cortes franquistas designan ao príncipe Juan Carlos como sucesor de Franco na xefatura do Estado.
30-10-1969. Fraga sae do Goberno, despois dunha remodelación, provocada polo caso Matesa.
Manuel Fraga regresa ao Consello de Ministros co último Goberno de Carlos Arias Navarro, sendo Vicepresidente para Asuntos de Interior e ministro da Gobernación. Durante o seu mandato neste ministerio, de decembro de 1975 a xullo de 1976, a policía asasinaba a cinco traballadores en Vitoria con motivo dunha folga laboral; no tradicional Vía Crucis que organizaban os Carlistas en Montejurra (Navarra), un grupo de fascistas, dirixidos por un comandante do exército, asasinaba a dúas persoas.
|