26 Dec 2008 |
Rúas franquistas da Coruña
|
Páxina 1 de 3 Rúas franquistas da Coruña Viaduto do Generalísimo Praza do General Millán Astray Avenida dos Caídos Praza dos Caídos División Azul Sargento Provisional Rúa do General Mola Praza do General Mola Avenida de Primo de Rivera Avenida do General Sanjurjo Teniente General Gómez de Zamalloa Praza Cánovas Lacruz. Comandante Barja Teniente Coronel Teijeiro Cabo Santiago Gómez Avenida de Calvo Sotelo Peirao de Calvo Sotelo Cabo Ponte Anido Praza de José Toubes Arcadio Vilela Salvador y Merino Avenida de Pepín Rivero Avenida Salgado Torres Almirante Vierna Peirao Almirante Vierna Castillo de Olite Fuente Álamo Juan Canalejo Joaquín Planell Riera Diego Delicado Marañón Disciplina
Sería impensable en Alemaña ou Italia atopar hoxe rúas, edificios públicos ou centros educativos que honrasen a personalidades vinculadas co nazismo ou fascismo.
Sinalado no auto do xuíz Garzón, de 16 de outubro de 2008, como autor, xuntamente con outros dirixentes, de crimes contra a humanidade (“condutas que agreden na forma máis brutal ás persoas como pertencentes ao xénero humano nos seus dereitos máis elementais como a vida, a integridade, a dignidade, a liberdade, que constitúen os pilares sobre os que se constitúe unha sociedade civilizada e o propio Estado de Dereito”). Segundo dito auto: “Quen se alzaron ou rebelaron contra o Goberno lexítimo e cometeron, por tanto, un delito contra a Constitución daquela vixente e contra os Altos Organismos da Nación, induciron e ordenaron as previas, simultáneas e posteriores matanzas, torturas e detencións ilegais sistemáticas e xeneralizadas dos opositores políticos, e provocaron o exilio forzoso de miles de persoas”. Antes de que o xuíz Garzón publicase ese auto, as asociacións de vítimas do franquismo denunciaban esa actuación represiva como un xenocidio: “Exterminio ou eliminación sistemática dun grupo social por motivo de raza, de etnia, de relixión, de política ou de nacionalidade” (definición da Real Academia Española). Francisco Franco presidía a Xunta de Defensa Nacional de Burgos, órgano máximo do exército sublevado. Ata o último momento da súa vida estivo firmando penas de morte.
Millán-Astray y Terreros, José Naceu en A Coruña o 5 de xullo de 1879 e morreu o 1 de xaneiro de 1954. Fundador da Lexión (Tercio de Estranxeiros) en 1920. Forma parte do núcleo duro dos militares –xunto con Franco, Mola, Sanjurjo, Alonso Vega, Yagüe, etc.- que organizaron o Golpe de Estado contra o réxime constitucional da II República o 18 de xullo de 1936. É célebre o altercado que mantivo no paraninfo da universidade de Salamanca con Miguel de Unamuno, que era o rector, o 12 de outubro de 1936, con motivo da celebración da Festa da Raza. Millán Astray, que estaban na presidencia –xunto co arzobispo de Salamanca, Enrique Pla y Deniel, Carmen Polo, esposa de Franco, e o gobernador civil- berrou “¡Muera la inteligencia! ¡Viva la muerte!”. Unamuno dicía no seu discurso: “Este es el templo de la inteligencia, y yo soy su sumo sacerdote. Estáis profanando su sagrado recinto. Venceréis, porque tenéis sobrada fuerza bruta. Pero no convenceréis. Para convencer hay que persuadir, y para persuadir necesitaréis algo que os falta: razón y derecho en la lucha. Me parece útil el pediros que penséis en España. He dicho” (Recollido por Hugh Thomas na súa obra La guerra civil española). Pronunciaba un encendido discurso na praza de María Pita da Coruña o 6 de setembro de 1936: “¡Maldito el nacionalismo separatista que ha acabado para siempre! El que de vosotros tenga guardado en un recóndito pliegue de su alma algún odio a España será fulminado. España es una, es única...¿Verdad que no hay más nacionalismo? Muera el nacionalismo separatista. Los judios moscovistas querían encadenar España para convertirnos en esclavos, pero hemos de luchar contra el comunismo y el judaísmo. ¡Viva la muerte!”. Despois do trunfo do fascismo en 1939, foi nomeado responsábel de Radio, Prensa e Propaganda da Ditadura franquista. Acórdase dedicarlle unha praza no Pleno de 25 de marzo de 1954.
Na II República estivo enfrontado ao goberno Azaña pola súa política autonomista e polas reformas militares, sublevándose contra a República o 10 de agosto de 1932; despois do fracaso do seu levantamento, foi condenado a morte, pena que lle foi conmutada pola de cadea perpetua no cárcere de El Dueso. Foi aministiado en marzo de 1934 polo goberno Lerroux e marchou a vivir a Estoril. Morreu en accidente aéreo cando se dirixía desde Portugal a encabezar, como principal organizador, o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Acórdase dedicarlle unha rúa no Pleno de 18 de setembro de 1936.
Mola Vidal, Emilio (Xeneral) Foi Director Xeral de Seguridade ata a chegada da II República. Participa no levantamento de Sanjurjo; é apartado do exército polo goberno de Azaña. Reintégrase ao exército despois da amnistía de 1934. Para afastalo de Madrid o goberno republicano enviouno, imprudentemente, a Pamplona, onde entra en contacto cos carlistas, converténdose nun dos principais organizadores da sublevación. O 19 de xullo de 1936 toma o mando das forzas golpistas do Norte e, como membro da Junta de Defensa Nacional de Burgos, participa na designación de Franco como xefe máximo da sublevación. Cando regresaba a Vitoria, morre nun accidente aéreo en 1937. Como sinala o citado auto do xuíz Garzón, os dirixentes da insurrección armada tiñan “un plan preconcebido que incluía o uso da violencia como instrumento básico para a súa execución”. Estas eran as instrucións do xeneral Emilio Mola nos meses previos ao Golpe de Estado: “Declarado el Estado de Guerra se tendrá en cuenta que la acción ha de ser en extremos violenta para reducir lo antes posible al enemigo, que es fuerte y bien organizado. Serán encarcelados todos los directivos de los partidos políticos, sociedades o sindicatos no afectos al Movimiento, aplicándose castigos ejemplares a dichos individuos para estrangular los movimientos de rebeldía o huelgas”. Mola foi un dos instigadores desta criminal represión: “Hay que sembrar el terror, dejar la sensación de dominio, eliminando sin escrúpulos ni vacilación a todos los que no piensan como nosotros”. Acórdase propor que unha praza leve o seu nome na Comisión Permamente de 15 de xullo de 1937.
De profesión militar, retírase cando chega a República, acolléndose á Lei Azaña. En 1993 funda a Falanxe en A Coruña e en 1936 é Xefe Territorial das Milicias de Falanxe Española e das JONS de Galicia. Encadrado no sector máis radical, organiza dentro de Falanxe o grupo chamado Primeira Liña, caracterizado polo uso da violencia. Juan Canalejo era un pistoleiro –“persoa que usa a pistola para cometer delitos de todo tipo”, segundo o Diccionario Xerais da Lingua- e o seu grupo participou en numerosos actos terroristas e delicitvos, sendo varios dos seus compoñentes detidos e encarcerados. Está documentado que actuaban contra traballadores en folga, asaltaban as sedes dos partidos políticos, levando os carnés de afiliados, que despois utilizaron para asasinalos; rebentaban os mitins, como o celebrado polo Presidente Azaña na Coruña etc. A Falanxe da Coruña xogou un papel fundamental na represión fascista e no asasinato de centos de persoas na comarca da Coruña. Antes do golpe militar de 1936 foi detido en Madrid con outros dirixentes falanxistas; asasinado en Paracuellos, despois dunha saca de presos do cárcere, que foi repudiada polo Goberno da República. Acórdase dar o nome de Juan Canalejo á rúa do Socorro no Pleno de 30 de decembro de 1938 “en atención a las persecuciones sufridas y méritos contraídos por el fundador de la Falange en esta capital, cuyo nombre no puede ser olvidado por ningún coruñés entusiasta del Glorioso Movimiento, que debe ir en la memoria de todos, inmediatamente después del inmortal José Antonio Primo de Rivera”.
Primo de Rivera, Miguel Participou como militar nas guerras de Cuba e Filipinas, ascendendo por méritos de guerra a tenente xeral; foi Capitán Xeral de Madrid e Barcelona. Encabeza un Golpe de Estado en1923 –co visto bo do rei Afonso XIII- que instaura unha Ditadura . O Directorio Militar que preside anula as liberdades democráticas. Gómez de Zamalloa (Tenente Xeneral) Militar coruñés que xoga un papel destacado en Andalucía na sublevación contra a República. Participa como comandante no ataque contra Madrid e posteriormente na División Azul. Estivo ao fronte da Lexión e foi Gobernador Xeral das colonias de Sidi Ifni, en África. Morreu en 1973. Acórdase dedicarlle unha rúa na Comisión Permanente de 24 de abril de 1944.
Ministro na Ditadura Militar do Xeneral Primo de Rivera. Cando se proclama a República en 1931 emigra a Italia -temeroso de que se lle esixisen responsabilidades pola súa actuación ministerial- procurando o amparo do ditador fascista Mussolini. Regresa en 1993, liderando Renovación Española e posteriormente, en 1934, o Bloque Nacional, formación política de estrema dereita. Elixido deputado por Ourense en 1933 e 1936. Ao evolucionar cara a posicións fascistas a corrente monárquica que dirixía, convértese nas Cortes no portavoz fascista máis destacado, con constantes convites á sublevación militar contra a República. Declarado partidario do fascismo, participou activamente na organización do golpe de estado que se executou despois do seu asasinato.
Púxose desde o primeiro momento do lado dos sublevados. Como coronel, era o xefe da guarnición da Coruña o 20 de xullo de 1936, que se levanta en armas contra a República e dirixe a represión posterior. Vocal e Presidente do Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo. Foi Capitán Xeral en Valencia e Director Xeral da Garda Civil. Acórdase dedicarlle unha prazan o Pleno de 13 de xullo de 1943 pola “acertada y decisiva actuación en el Movimiento de Salvación Nacional, iniciado por el glorioso ejército español, debe La Coruña y Galicia, haberse librado del ignominioso yugo de las hordas marxistas”.
Mariño promonárquico. En 1935 era o Xefe do Estado Maior da Base Naval de Ferrol. En 1936 participa na sublevación contra a República. Nomeado comandante do Cruceiro Baleares, ascende a contraalmirante e pasa a ser xefe da División de Cruceiros. Morre o 6 de marzo de 1938 ao resultar afundido o cruceiro Baleares nun enfrontamento coa flota republicana, perto do cabo de Palos. Acórdase dedicarlle unha rúan o Pleno de 13 de xullo de 1943
Militar de profesión, retírase do servizo cando se proclama a República en 1931, acolléndose á Lei Azaña. Cando se produce a sublevación militar de 1936 ponse na Coruña a disposición dos insurxentes e é un dos promotores do Caballeros de La Coruña, organización que participou activamente na represión despois do levantamento militar fascista. En agosto dese ano asume o mando dunha das columnas do exército sublevado que parte de Galiza para loitar contra os republicanos en Asturias. Participa na toma de Oviedo. Morre polas feridas que sofre en combate. En Oviedo -gobernada polo PP, con maioría absoluta- veñen de acordar retirar unha rúa e un monumento ao Tenente Coronel Teijeiro. Acórdase dedicarlle unha rúa na Comisión Permanente de 2 de febreiro de 1939.
Acolleuse ao retiro pola Lei Azaña. Apoia a conspiración e preparación do golpe de estado na Coruña. En xullo de 1936 ponse ao dispor dos sublevados e é nomeado Jefe de la Bandera Legionaria Gallega. Morre na fronte de Teruel o 1 de xaneiro de 1938, parece ser que por disparos procedentes da varios falanxistas da súa propia retagarda, que recibiran orde de asasinalo por cuestionar a investidura de Franco como Xefe de Estado. Acórdase dedicarlle unha rúan a Comisión Permanente de 2 de febreiro de 1939
Era xeneral cando foi nomeado Vicepresidente do INI (Instituto Nacional de Industria) en 1945. Ministro de industria na Ditadura de 1951 a 1962.
Cabo primeiro, formaba parte do grupo de militares sublevados que emprazou un canón no Parrote para bombardear o Goberno Civil nos primeiros momentos do levantamento militar. Morreu na tarde do 20 de xullo de 1936 debido a unha explosión por fallo do propio canón co que disparaba, a causa do seu mal estado de conservación. Acórdase dedicarlle unha rúan o Pleno de 15 de decembro de 1971.
Como integrante da División Azul participa o 10 de febreiro de 1943 na batalla de Krasny Bor, perto de Leningrado. Ponte Anido morre ao colocar unha mina debaixo dun blindado soviético, sendo condecorado, a título póstumo, coa Cruz Laureada de San Fernando. Nesta batalla chegaron a morrer, en menos de dúas horas, máis de 2.000 soldados españois. Acórdase dedicarlle unha rúa no Pleno de 15 de setembro de 1966.
Delegado provincial de Sindicatos, foi responsábel da Obra Sindical del Hogar, órganos do sindicato vertical, que promoveu a construción de “vivendas baratas” en cidades e vilas importantes, onde os beneficiarios tiñan que pertencer á Organización Sindical franquista. Na Coruña construíronse en Labañou e en San Pedro de Visma para os membros da confraría de pescadores. Outras, de mellor calidade e unifamiliares, como as que se construíron na zona dos Mallos, serviron de gratificación a destacados falanxistas polos seus servizos ao réxime e pola súa colaboración na represión dos inimigos políticos. Rafael Salgado Torres, irmán do anterior, foi dun destacado membro da Falanxe coruñesa e participou en actos de represión nos primeiros momentos do levantamento militar. Foi Conselleiro Nacional do Movemento, procurador nas Cortes franquistas e Presidente do Instituto Nacional de Previsión. Morreu na Coruña en 1990.
Crego da parroquia coruñesa de San Pedro de Mezonzo. Aparece sinalado en diversas publicacións como participante ou asesor de significados falanxistas que “pasearon” a numerosos demócratas e republicanos da Coruña e comarca. Este grupo de falanxistas programaban os seus asasinatos no Café Unión, na praza de Pontevedra, no cuartel xeral de Falanxe en Juana de Vega ou na barbaría de Vitoriano, no Cantón Grande.
Este barco mercante foi habilitado para transporte militar ao servizo dos sublevados. O 7 de marzo de 1939, poucos días antes de rematar a guerra, dirixíase a Cartaxena con 2.200 militares a bordo, a maioría galegos; a pesar dos disparos de advertencia, continuou navegando e foi afundido por baterías republicanas, perto da illa de Escombreras. A prensa franquista ocultou a magnitude desta traxedia, que se saldou con máis de 1.500 mortos. Parece ser que o mando franquista tiña unha errónea información porque pensaba que Cartaxena estaba xa en poder dos sublevados. Ademais de tropas de infantería e de artillería, o barco transportaba tamén aos membros dun tribunal militar para comezar os xuízos sumarísimos. Acórdase dedicar unha rúa no Pleno de 17 de xuño de 1968.
No cemiterio deste pobo da rexión de Murcia, próximo a Cartaxena, foron enterradas moitas das vítimas do afundimento do Castillo de Olite. No anos 1958 os restos destes militares, case todo eles galegos, foron trasladados ao Valle de los Caídos.
Salvador y Merino, Salvador Foi Xefe da Falanxe Provincial. Era notario na Coruña cando se produce o golpe militar fascista e participa como voluntario na fronte de Asturias coas tropas sublevadas. Foi Xefe Provincial do Movemento na Coruña e dirixiu a represión contra os republicanos da capital. Chegaría a ser nomeado Delegado Nacional de Sindicatos en 1940. O seu irmán, José María, pertencente ao corpo xurídico militar, organiza e participa nos numerosos consellos de guerra sumarísimos que se incoan tralo triunfo da sublevación.
Era redactor do xornal El Ideal Gallego. Como falanxista participou activamente na represión golpista contra demócratas e republicanos. Morreu o 19 de maio de 1946 como consecuencia dos disparos que recibiu cando se dispuña a entrar no edificio de dito xornal, nunha acción da guerrilla antifranquista.
Xornalista cubano; fixo unha grande campaña a prol do Ditador Franco. Morreu en 1944.
Foi presidente da Deputación da Coruña e deputado nas Cortes.
Disciplina Ata o triunfo da sublevación militar contra a República en 1936, o seu nome foi Liberdade. Foi dos primeiros nomes que cambio a Ditadura no Consello Municipal de 18 de setembro de 1936.
Unidade de voluntarios que se forma a finais de 1941, como apoio do réxime franquista á Alemaña nazi. Enviada á fronte oriental para colaborar co exército alemán contra as tropas soviéticas. A División Azul foi utilizada pola Ditadura como elemento simbólico e a súa presenza xustificouse polo interese do réxime en contribuír á derrota do comunismo. Acórdase dedicar unha rúa no pleno de 15 de febreiro de 1960.
Os que gañaron a guerra, é dicir, os sublevados contra o réxime constitucional da República, escribiron e impuxeron a súa versión da historia. Fixeron da sublevación militar e do movemento franquista e falanxista una cruzada, unha guerra santa e mesmo chegaron a apropiarse, en conivencia coa Igrexa, do nome de Deus. Este sentido de cruzada gravárono lapidariamente na frase “Caídos por Dios y por España”, que aínda perdura en inscricións nas paredes dalgunhas igrexas, en momumentos e tamén dando nomes a rúas, como en A Coruña. Acórdase dedicar unha rúa no Pleno de 3 de xaneiro de 1945 “En homenaje perenne a los héroes que se han esforzado, sacrificando su vida por defender la Patria en la Gloriosa Cruzada de Liberación que acaudilló el Generalísimo Franco, actual Jefe del Estado Español”.
|












