Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

26
Dec
2008
Tolerancia cero co franquismo
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Manuel Monge   

Tolerancia cero co franquismo

En decembro de 2007 as Cortes aprobaban a Lei da Memoria Histórica. No seu artigo 15 instaba ás Administración públicas a retirar a simboloxía franquista. Despois dun ano, e por falta de vontade política, A Coruña segue a ser a capital da simboloxía franquista.

O Pleno da corporación municipal de outubro de 2008 acordaba encomendar á Comisión municipal de Honras e Distincións a elaboración dun informe sobre a retirada da simboloxía franquista, contando co asesoramento de seis expertos, entre os que está Manuel Monge, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Pasaron tres meses e a citada Comisión aínda non tivo a primeira reunión.

Desde a CRMH da Coruña queremos luz e taquígrafos; que a cidadanía coñeza as causas do atraso na eliminación da simboloxía franquista; qué rúas hai que cambiar; a biografía de Franco, Mola, Sanjurjo, Canovas Lacruz, Millán Astray, etc. Imos explicar en qué nos baseamos para reivindicar eses cambios de rúas, de centros de ensino e a eliminación dos monumentos, placas, e escudos franquistas. E, finalmente, facemos público os obxectivos para a citada Comisión. Máis adiante presentaremos unha relación de rúas alternativas.

Quedamos de últimos. A Coruña é hoxe a capital da simboloxía franquista por unha estratexia política do goberno municipal, que non tiña outro obxectivo que conseguir votos. Era unha política de tolerancia co franquismo, onde a permanencia nas rúas dos verdugos xunto ás súas vítimas, era considerada como unha actuación exemplar. Para manter esa política o grupo municipal do PSOE, xunto co PP, impediron durante anos que a corporación municipal condenase o franquismo, honrase ás vítimas e suprimise a simboloxía franquista. Por outra parte, os gobernos municipais de Francisco Vázquez e Javier Losada estiveron negando a evidencia ata a celebración das últimas eleccións municipais; dicían que na Coruña non había simboloxía franquista, que só era simboloxía histórica e, xa que logo, non había nada que cambiar. Esta política vergoñenta e indigna fracasou.

Os tempos son chegados; é hora de aplicar unha política de tolerancia cero con franquismo, que sempre defendemos desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

 

 

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Se o pasado é pasado

i o presente é o urgente

por qué inda busca a xente

aquil soño clausurado?

English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República