Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

31
Xul
2010
Lamentan que a RAE non corrixa a definición de "franquismo"
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Vanesa Oliveira para "Galicia Hoxe"   
Lamentan que a RAE non corrixa a definición de "franquismo"





A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) lamentou onte que a Real Academia Española (RAE) non corrixa a definición do termo "franquismo" no Dicionario, ó que consideran unha "forma de negacionismo e unha agresión ás vítimas" da ditadura. Na definición actual, o franquismo contémplase como un "movemento político e social de tendencia totalitaria" e, por iso, a ARMH criticou que non se inclúa a realidade dos 113.000 desaparecidos, as súas familias e os represaliados. Segundo un comunicado da ARMH, a súa organización protestou en "repetidas ocasións" a definición de franquismo da RAE porque, na súa opinión, "está moi lonxe de reflectir a realidade da ditadura".


O mantemento desta definición -aseguraron- é unha forma de "menosprezar o sufrimento" dos desaparecidos e, en definitiva, "de todas as persoas que padeceron algunha das múltiples formas nas que a ditadura do xeneral Franco negou os dereitos fundamentais". A ARMH avanzou que continuará coas protestas para que na próxima edición do Dicionario da RAE en 2013 se corrixa o termo, "sexa rigorosa e deixe de agredir as vítimas".

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República