Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

28
Xul
2010
A cruz franquista queda en Valladolid
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por EFE para "Público"   
A cruz franquista queda en Valladolid

O alcalde de Valladolid do PP asegura que non vai retirar do escudo da cidade a Cruz Laureada de San Fernando, concedida por Franco






O alcalde de Valladolid, Francisco Javier León da Riva, do PP, asegurou hoxe que non vai retirar do escudo da cidade a Cruz Laureada de San Fernando, concedida por Francisco Franco. No entanto, o alcalde, en rolda de prensa, afirmou que buscará "unha solución" sobre o "procedemento" con que foi concedida polo anterior xefe de Estado.


Francisco Javier León da Riva fixo estas declaracións tras un Pleno municipal que rexeitou, cos votos do grupo maioritario do PP, unha moción de EU para a retirada de símbolos franquistas na cidade, apoiada polo PSOE. León da Riva explicou que a Cruz se concedeu, en 1940, por "méritos de guerra", e figura tamén no escudo da provincia de Valladolid.

Respecto diso, indicou que tentará que se actualice esta concesión por parte do Ministerio de Defensa, para que se converta en "un recoñecemento á cidade" polas súas boas relacións co Exército, no canto dos méritos de guerra con que foi concedida. A Plataforma para a Retirada de Nomes e Símbolos Franquistas en Valladolid entregou no rexistro municipal 5.600 firmas para que o Concello aplique a Lei da Memoria Histórica e retire das rúas todo o que lembre ao Franquismo.

A moción de EU apoiábase nestas firmas e debateuse despois de que a Policía Municipal retirase da tribuna de invitados do salón de plenos varias pancartas de apoio á iniciativa. Tras o Pleno, o alcalde declarou que acepta "leccións de democracia, pero dos comunistas nada", xa que José Stalin, líder da Unión Soviética entre as décadas de 1920 a 1950, "foi o maior genocida da historia".

Así mesmo, avogou por "non abrir feridas" e sinalou que acatará "unha sentenza firme" que obrigue á retirada de símbolos, se os promotores da iniciativa acoden aos tribunais.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 
English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República