Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

21
Xul
2010
Oviedo: O Concello buscará un novo lugar para o soldado de Teijeiro
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Ch. N. para "La Nueva España"   
Oviedo: O Concello buscará un novo lugar para o soldado de Teijeiro

Xa está acabada en Madrid a estatua de Samuel Sánchez que o substituirá





Un taller de Madrid garda xa a figura definitiva do ciclista ovetense Samuel Sánchez retratado no momento en que logrou o ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín de 2008. Con ese xesto, dedo cara ao ceo e dentada á medalla, pasará tamén á historia das rúas de Oviedo cando a súa estatua quede a vivir no lugar que até agora ocupa a do soldado, obra de Francisco Asorey, que evoca o recordo do tenente coronel Teijeiro.


Aínda que ese soldado con espadón foi un do tres símbolos franquistas que o Concello contemplara retirar, hai xa dous anos, a súa inminente retirada para deixar sitio ao ciclista non suporá necesariamente a súa desaparición das rúas da cidade.

Así o confirmaron onte fontes municipais, que precisaron que o Concello está a estudar a posibilidade de buscar unha nova localización ao monumento, que até agora era unha homenaxe ao militar galego que rompeu o cerco a Oviedo o 17 de outubro de 1936. Trataríase, sempre segundo estas fontes, de quitar á estatua de Francisco Asorey toda esa carga ideolóxica que a asocia co franquismo. Illar a inmensa figura do soldado con espada e situalo nun novo lugar permitiría, por unha banda, darlle á cidade unha especie de «monumento ao soldado descoñecido» e, por outra, conservar un elemento xa moi característico da paisaxe urbana. A retirada definitiva, resultado posible ao aplicar a lei da Memoria Histórica, non parece que vaia a aplicarse, como tampouco sucedeu na Xesta ou no medallón de Franco.



Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República