Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

27
Xu
2008
Simboloxía franquista
PDF Imprimir Correo-e

Simboloxía franquista

por Manuel Monge, presidente da CRMH da Coruña

Artigo de opinón publicado no "Ideal Gallego" do 25 de xuño do 2008

Estatua de Millán Astray na Coruña

Os fascistas Franco e Millán Astray

Moita xente pregunta cómo é posíbel que despois de trinta anos de democracia e vinte e sete da promulgación dunha lei sobre o escudo constitucional de España, aínda teñamos na Coruña escudos ilegais e a cidade chea de simboloxía franquista. A explicación é ben sinxela; cando un grupo de estudantes facía en 1999 unha recollida de firmas para que se retirasen das rúas as placas de personaxes do réxime franquista, a concelleira Carmen Marón xustificaba esta situación: “La convivencia con estos nombres es un síntoma de tolerancia”.


A Lei da Memoria Histórica denuncia á ditadura franquista, así como a violación de dereitos humanos, e acaba con estas teorías da tolerancia co franquismo, da convivencia das rúas que homenaxean a golpistas e verdugos coas que lembran ás vítimas. Esta lei desautoriza, xa que logo, a política seguida durante vinte e catros anos polo Goberno municipal da Coruña.


Tomaba un café cun concelleiro do PSOE e dicíame: “A ver, Manolo, cando retiramos a estatua dese fascista”(referíase a Millán Astray). E o concelleiro e presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, ante unha pregunta dunha xornalista, contestaba que non sabía por qué non se retiraron os símbolos, placas, estatuas e rúas franquistas da Coruña. Que pouca memoria! Non lembraban que os dous votaron co PP, en numerosas ocasións, impedindo que se revogase a concesión a Franco do título de Fillo Adoptivo e Predilectísimo da Coruña; que se retirase a estatua de Millán Astray e cambiasen as rúas dedicadas á División Azul, Caídos, Sanjurjo, Mola, etc.


Nas filas do PSOE coruñés –estou a falar dalgúns dirixentes- non só hai unha falta de cultura socialista; hai tamén unha falta de cultura democrática. Cando lle preguntan a Moreda polo cambio de nome da rúa Xeneral Sanjurjo, xustifica a súa pervivencia porque “é historia, o mesmo que os xenerais Miaja e Rojo”. Moreda, despois de trinta anos de democracia, aínda non distingue –ou coloca ao mesmo nivel- a un xeneral golpista, que se levanta en armas contra a Constitución, doutros que defenderon a democracia e a orden constitucional da II República”.

As persoas que durante estes anos defendemos uns principios, unha actuación xusta e digna dos poderes públicos, e reclamamos reiteradamente a supresión da simboloxía franquista, sufrimos moitos insultos, sendo cualificados como “fascistas” polo alcalde Vázquez. Nunha das numerosas ocasións que este tema foi tratado pola Corporación Municipal, presentaba eu no Pleno de 11 de febreiro de 2005 unha Pregunta Oral, reclamando a eliminación da simboloxía franquista. Contestou, moi enfadado, o portavoz do PSOE, Javier Losada, rematando así a súa intervención –entre aplausos da bancada do PSOE, como recolle a acta-:”Me parecen indignantes sus palabras y sólo de una mente enfermiza”.

Alarmado por este diagnóstico, que ademais procedía dun médico como Losada, acudín rapidamente á consulta dun amigo psiquiatra. Tranquilizoume dicindo que non me preocupase porque esa expresión de Losada era utilizada con frecuencia para descualificar ou desprestixiar a persoas con principios e dignidade e que, aínda, non están domesticadas polo poder.

Eu comprendo a preocupación do alcalde Losada porque cada vez somos máis as persoas comprometidas en acabar con toda a simboloxía franquista da Coruña, en cambiar o nome do hospital Juan Canalejo e en recuperar o pazo de Meirás para o patrimonio público. Esas “mentes enfermizas”, ¿teremos dereito, polo menos, a un tratamento na seguridade social?

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República