Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

19
XuÃ
2010
Un xuíz avala a retirada do título de alcalde honorífico de Madrid a Franco
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por María Martín para "Público"   
Un xuíz avala a retirada do título de alcalde honorífico de Madrid a Franco

A resolución apoia un acordo municipal baseado na Lei de Memoria


Un ano despois de que o Pleno do Concello de Madrid votase por unanimidade desposuír a Francisco Franco do seu título de alcalde honorífico da cidade, fillo adoptivo e das súas medallas de ouro e honra, un xuíz desestimou o recurso que, ante o acordo municipal, interpuxo a Fundación Francisco Franco.


O 29 de xuño de 2009 o grupo municipal de Esquerda Unida levou ao Pleno unha proposta para retirar ao Caudillo todas as honras e distincións que o mesmo Concello de Madrid outorgoulle entre 1942 e 1964. A iniciativa estaba apoiada polo artigo 15 da lei da Memoria Histórica que obriga ás administracións públicas a retirar todos os símbolos franquistas. O acordo contou co apoio de todos os grupos políticos (PP, EU e PSOE). Cincuenta e dous votos a favor dos 57 presentes. Cinco edís abstivéronse.

O acordo municipal non sentou nada ben na Fundación Nacional Francisco Franco que, segundo recolle a sentenza á que tivo acceso este xornal, contempla como parte das súas metas "dar a coñecer a obra levada a cabo nos anos de mandato de Francisco Franco, que no que incumbe a Madrid motivaron as honras que no seu día lle dispensou o Concello, así como o enaltecemento da súa figura e obra e a defensa do seu legado". O seu presidente, Félix Morais Pérez, acudiu seis meses despois aos xulgados do contencioso-administrativo para defender a honra de quen dá nome á súa fundación.

Os argumentos esgrimidos pola fundación para que se manteñan as medallas ao ditador son bastante claros: as honras e distincións concedidos a Franco non teñen relación co alzamento do 18 de xullo de 1936, "senón que se lle outorgan como recoñecemento aos seus desvelos e interese por engrandecer a cidade de Madrid".O escrito presentado pola Fundación Nacional Francisco Franco enaltece a figura do ditador, na súa opinión "meritoria" de todo recoñecemento: "As honras concédenselle polas inxentes obras públicas e servizos de que foi dotada a cidade e non pola súa vitoria na fronte popular". Varias liñas máis abaixo, tras lembrar os supostos "desvelos" de Franco pola cidade, a fundación considera que "no último cuarto de século o mellor alcalde de Madrid foi o propio xefe do Estado".

Ademais, a fundación rexeita que o artigo 15 da Lei da Memoria Histórica contemple a retirada destas honras e mencións porque, di, non estiveron relacionados con "unha exaltación da sublevación militar ou da Guerra Civil".

O xuíz, con todo, discrepa. "Este artigo inclúe non só a retirada de obxectos, senón tamén aquelas mencións, conmemoracións ou distincións que supoñan un recoñecemento á Guerra Civil, á ditadura, ao franquismo e, por iso, tamén á figura de Francisco Franco Bahamonde e a canto supoña un enaltecemento da súa figura". E por isto, falla en contra de anular a decisión tomada no pleno municipal, aínda que non condena á fundación ao pago das costas.

Félix Morais, o presidente da fundación, asegurou a este xornal que non sabe aínda se recorrerá a sentenza. Ten até o próximo día 26 para pensarllo. "Tería que falar co resto de membros da fundación, así que non lle podo contestar", dixo por teléfono.

En Madrid, a Fundación Francisco Franco tamén recorreu a retirada da estatua de Novos Ministerios. Catro anos despois, o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid declarou nula a retirada da efixie porque detectara infraccións administrativas por parte do Ministerio de Fomento, aínda que tamén estableceu que non era necesario repola porque non tiña utilidade práctica, informa Natalia Junquera.





Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Déixame morrer no leito

soñando con froles dóuro

English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República