Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

28
Mai
2010
Santiago catalogará a simboloxía franquista para retirala
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Europa press para "A Nosa Terra"   
Santiago catalogará a simboloxía franquista para retirala

O Pleno do Concello de Santiago aprobou este xoves, cos votos de PSOE e BNG, realizar un censo da simboloxía franquista existente na cidade para a súa posterior retirada e levar a cabo actuacións de ‘recuperación e dignificación’ dos veciños que sufriron a represión, aos que se lles dedicará o nome de novas rúas.


Esta proposición, defendida polo BNG, e que contou co apoio do Grupo Municipal Socialista e o voto en contra do Grupo Municipal Popular, ten tamén por obxectivo instar á Xunta a "restabelecer a colaboración existente" na lexislatura anterior coas asociacións de recuperación da memoria histórica.

Igualmente, persegue reclamarlle ao Goberno autonómico que concrete o protocolo de actuación asinado polo anterior Executivo co Instituto de Medicina Legal de Galicia e co da Universidade de Santiago; e esixirlle que colabore coa Administración central para a elaboración do mapa de foxas necesarias para localizar o paradoiro dos represaliados durante a Guerra Civil e a ditadura.

A proposición defendida polos nacionalistas galegos pretende facer cumprir a Lei de Memoria Histórica, que ten por obxectivo recoñecer e ampliar dereitos e estabelecer medidas en favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a posterior ditadura.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Déixame morrer no leito

soñando con froles dóuro

English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República