Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

26
Mai
2010
A Igrexa avoga por manter a placa fascista de Pontecesures
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Raquel Iglesias para "La Voz de Galicia"   
A Igrexa avoga por manter a placa fascista de Pontecesures

O Arcebispado suxire que se respecten os sentimentos das familias das vítimas





O Arcebispado defende que se manteña a placa fascista que se sitúa na entrada da igrexa parroquial de Pontecesures. Así llo comunicou ao Concello nun escrito no que explicaba a decisión ao ter en conta os sentimentos dos veciños que presentaron ,alegacións ante as pretensións de retirar o símbolo.

O BNG de Pontecesures propuxo ao Concello no primeiro semestre do 2009 que se realizasen trámites para retirar o emblema que contén os nomes de persoas do bando nacional que morreron na Guerra Civil. Houbo un acordo plenario para solicitar a retirada ao Arcebispado de Santiago que pediu un prazo de exposición pública para que os familiares ou persoas vinculadas ao nove falecidos que figuran na inscrición fixesen as suxestións que considerasen oportunas.

Durante un mes foron seis os escritos que se fixeron chegar ao Concello. Sumaban, en total, 59 firmas doutras tantas persoas que reclamaban que a placa non fose retirada, especialmente ao alegar razóns sentimentais. A favor da eliminación do símbolo non se presentou ningún escrito.

Unha vez enviadas as alegacións ao arcebispado e ao párroco local, Arturo Lores Santamaría, o Vigairo Xeral suxeriu ao goberno local que respectase os sentimentos dos familiares. Neste comunicado facíase referencia ademais ás dificultades de eliminar esta inscrición sen danar a fachada do templo.

Exposición pública

No próximo pleno municipal, que terá lugar na Casa Consistorial o próximo día 31 deste mes, darase conta do contido deste escrito. Fontes municipais aseguraron que o goberno municipal evitará entrar en polémicas e que entende tamén a postura daqueles que loitan por manter o emblema.

Prevese convocar aos veciños que mostraron o seu desacordo coa placa para dar a coñecer o texto do Arcebispado, así como aos grupos políticos. Desde que comezou o proceso pola retirada do símbolo o Concello anunciou que o proxecto da eliminación da placa na igrexa sería afrontado polo Arcebispado se o consideraba oportuno xa que é o titular do templo e non a administración municipal.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Déixame morrer no leito

soñando con froles dóuro

English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República