Esta ferramenta informática pretende poñer a disposición de toda a cidadanía a relación de persoas que foron asasiñadas e enterradas nas foxas comúns do cemiterio de Santo Amaro, na Coruña ou en cemiterios da bisbarra. O obxectivo é render unha homenaxe a todas as persoas que, logo de ser asasiñadas, perderon tamen o seu nome, polos efectos da represión fascista, que non foi quen de borrar a sua memoria. Do corazón e da mente das suas familias érguese hoxendía a fonte inspiradora da recuperación da memoria, que clarexa e homenaxea así a todas esas xentes que, lonxe de ter sido vulgares delincuentes, pasaron ó futuro como exemplo de loitadorxs pola liberdade. E agora, aproveitando as novas tecnoloxías, está ó voso dispór esta base de datos, que conforma unha maravillosa maneira de interactuar co pasado e co futuro. Esta ferramenta é vosa, das familias, dxs historiadorxs, da xente en xeral. Traballade sobre ela, enriquecela, correxila, aportade todo o que teñades que aportar. Sempre actualizándose, sempre aberta a mellorías. Agradecemos a colaboración inestimable das seguintes persoas, sen as que non podería ser posible a elaboración e publicación desta ferramenta informática: - Luis Lamela - Eliseo Fernández - Dionisio Pereira - Carlos Velasco - Emilio Grandío - Bernardo Máiz - Carlos Pereira - Xesús Dopico... |
|
As listaxes (...) |
|
Longa noite de pedra
O teito é de pedra,
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan.
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,.
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están.
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
Celso Emilio Ferreiro