Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

21
Dec
2010
Os sen nome

Os sen nome

PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Sen nome   

Os sen nome

Sodes vós os que fostes mulleres e homes

Sodes vós as vítimas de moleiras roídas pola couza noxente

Sodes vós unhas e outros que xa non estades

Sodes vós os que facedes que xermole na lei a xustiza

Sodes vós os que nos destes ese espírito máis forte

Sodes vós os de corazón grande de homes moi grandes

Sodes vós a quen vos quitaron todo, todo, tamén a vida

Sodes vós os que non estades, os que mataron, asasinaron

Sodes vós os que fixestes posible ese xérmolo forte

Sodes vós os que nen sequera tedes unha sepultura de vós

Sodes vós os que deixastes os ósos nas cunetas das estradas

Sodes vós os que espertastes as conciencias dos asasinos

Sodes vós os que facedes que nós tamén fagamos

Sodes vós os que non estando estades con nós ahí

Sodes vós os que remexedes as moleiras máis pechadas

Sodes vós os que despreguizades as preguizas anoxadas

Sodes vós os dos holocaustos, guerras, atentados, “paseados”

Sodes vós os dos axustes de contas, vinganzas, cobizas ruíns

sodes vós os condeados, fusilados, inquisitados, todos vós

sodes vós os que fixestes posible o poder das palabras

Sodes vós os que fixestes posibles as armas máis potentes do mundo

Sodes vós os que fixestes posible o ben decir dos libros,,¡os libros!

Sodés vós, vós, vós, vós, vós, vós, vós, vós, vós e moitos vós

Sodes vós os que non tedes rostro, nin corpo, nin mente

¡Sodes vós! ¡só vós!

Comentarios (1)
os sen nome
1 Sábado, 07 Maio 2011 16:48
ricardo souto morano
Estas son cousas que saen de dentro sin pensalas nin cousa ningunha so escomezas a pensar e recordar o que che contaron, e tamen o que ti viches e viviches ainda que de mui pequeno pero que telo impreso na mente tan claro que escomeza a sair da mente pola punta do boligrafo, e cando rematas quedas descansado,relaxado, e é cando les o que pon no papel e decátaste de que é algo coerente e xa está

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.