Madrid recupera o "Non pasarán!"
A cidade reclama dignidade para as vítimas
 Imaxe tomada o día da manifestación de apoio ao xuíz Garzón celebrada en Madrid
A porta do Sol de Madrid, onde a Dirección Xeral de Seguridade franquista torturó impunemente aos defensores da legalidade republicana na ditadura, foi onte reconquistada pola democracia (ver fotogalería). Miles de familiares de vítimas da represión e de simples cidadáns comprometidos cos dereitos humanos encheron a praza chegados desde a praza de Cibeles ao berro de "Non pasarán!"
A indignación polo proceso aberto polo Supremo a Garzón por investigar o franquismo convocou ao manifestantes pero non evitou que dedicasen máis enerxía a gritar contra Franco e os seus crimes que a defender ao xuíz: "É que non se trata de Garzón, senón da ditadura. Esta causa non interesa ao Estado e acabará arquivada, pero a loita contra a impunidade seguirá e volveremos á rúa", expresou o presidente dos Foros pola Memoria, José María Pedreño.
"España, mañá, será republicana!" A clásica rima foi a máis repetida na marcha que contou con xente de varias xeracións e de varias tendencias políticas aínda que partindo, iso si, dunha posición común en favor da defensa da dignidade das vítimas da represión política. A afluencia foi masiva grazas á participación de miles de cidadáns alleos ás asociacións relacionadas coa memoria histórica que acudiron á chamada estes colectivos a título individual.
É o caso de Fernando Castelo, de 40 anos, neto dun camillero fusilado na fronte da Guerra Civil que acudiu emocionado á marcha coa foto do seu avó Rodrigo. "Non pertenzo a ningunha asociación pero basicamente veño protestar porque non se onde está enterrado o meu avó. É un desaparecido e non me parece correcto que o siga sendo", reflexionou.
En metade do percorrido, un pai tratou de explicar ao seu fillo de dez anos que Franco era "un señor moi malo que mandou e matou a moita xente que non pensaba como el". Máis difícil resultoulle a este pai explicar ao seu fillo por que numerosos carteis denunciaban que "España está ao revés", unha mostra da indignación que provocou a presenza de Falanxe Española nun proceso contra Garzón no Supremo. "Abaixo o fascismo!", escoitouse na protesta.
A explicación paternal tivo que parar ante o aplauso que centenares de persoas dedicaron a Jaume d'Urgell, o cidadán condenado con pena de cárcere por substituír unha bandeira española dun edificio oficial por unha tricolor, cando se subiu a un quiosco fronte ao Ministerio de Educación para axitar unha insignia republicana de dimensións xigantes. "Se
queren que vaia ao cárcere terán que vir determe á miña casa porque non penso aceptar a condena", explicou.Todos os cidadáns vinculados a asociacións ou a proxectos relacionados coa memoria histórica entenderon que onte era a súa cita. Entre eles, o profesor de Historia do Instituto Clara Campoamor de Xetafe, José Luís Sánchez do Pozo, que protagoniza unha das escenas do documental de José Luís Peñafuerte Os Camiños da Memoria. Na película, Sánchez do Pozo leva a unha clase de adolescentes ao poeta comunista Marcos Ana. "Os rapaces alucinan cos valores deste home que lles fala da solidariedade durante 23 anos de condena. Os valores desa xeración perdéronse e son tamén os que se recuperan con actos como os de hoxe", razoou.
Reacción de culpables
Sánchez o Pozo, ataviado cunha camiseta das brigadas internacionais, sinalou que, na súa opinión, é "inexplicable que aínda haxa xente que reaccione de maneira adversa ante a reclamación das vítimas. No fondo sente culpables 70 anos despois".
A pesar de que houbo unha ampla afluencia de mozas, a gran maioría dos manifestantes experimentou as mesmas sensacións que xa viviran á morte de Franco cando a cidadanía tomaba as rúas para pedir "liberdade, amnistía e Estatuto de autonomía" na transición democrática. "Esperanza, dimisión", tratou de animar un veterano manifestante antes de engadir, resignado: "Que esteamos nestas a estas alturas, hai que foderse..."
"Cometeron un grave erro e picaron en óso ao tocar unha causa como a de Garzón, porque é un tipo moi popular e xerou unha reacción moi forte", explicou a duras penas o humorista italiano Leo Bassi co himno de Rega en harmónica de fondo .
|