Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

22
Abr
2010
Medio millar de persoas maniféstanse na Coruña por Garzón
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Xornal.com   

Medio millar de persoas maniféstanse na Coruña por Garzón

O BNG avoga por derrogar a Lei de Amnistía, mentras Manolo Rivas destaca que foi o primeiro xuíz que loitou contra o narcotráfico en Galicia


Máis de 500 persoas concentráronse en apoio do xuíz Garzón

Baixo o lema Galicia con Garzón e ao berro de “¡fóra o fascismo das entrañas de la Xustiza!”, mais de 500 persoas manifestáronse onte na Coruña, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para protestar polo encausamento do maxistrado da Audiencia Nacional por intentar investigar as desaparicións do franquismo. “Non é unha cuestión de simpatía ou antipatía por un xuíz”, reivindicou o escritor Manolo Rivas, que apelou aos procesos que iniciou Garzón en Galicia contra as mafias do narcótrafico durante o manifesto que leu no acto. “É un dilema entre humanidade e inhumanidade”, resaltou. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, pola súa banda, avogou por derrogar a Lei de Aministía do 77 y emprazou a tomar medidas como no seu día fixo Arxentina coa Lei de Punto e Final

A concentración, convocada pola Plataforma Unitaria Galicia con Garzón en apoio ao xuíz e ás vítimas do franquismo, sumouse así á multitude de actos que en España, Francia, EE UU e Latinoamerica reclaman unha “verdadeira independencia xudicial”. Onte mesmo, asociacións de familiares de vítimas da ditadurafranquista e a favor da recuperación da memoria histórica presentaron onte ante a Audiencia Nacional máis de 200.000 firmas en favor do maxistrado.


A iniciativa galega contou co respaldo dunha veintena de organizacións, entre elas, o Seminario Galego Educación por la Paz, o Ateneo de Pontevedra, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) de A Coruña e o Foro pola Memoria Republicana de Galicia. Ademais contou coa presenza de políticos como o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez; o voceiro da formación no Parlamento galego, Carlos Aymerich; os concelleiros da A Coruña, Mario López Rico, Henrique Tello e Obdulia Taboadela; así como a voceira do PSdG, Mar Barcón e o diputado autonómico José Manuel Lage. Xunto a eles, os secretarios xerais de UGT y CC OO en Galicia, José Antonio Gómez y José Manuel Sánchez Aguión, respectivamente.

Prisioneiro de Franco e Varela

Na concentración, recreouse o procesamento do xuíz Baltasar Garzón coun home vestido de prisioneiro e unha careta con su cara, que era levado cunha cadea por outro disfrazado de Francisco Franco. Un maxistrado completaba a recreación. Garzón levaba no peito tres corazóns nos que se podía ler: congarzón, congarzón, congarzón. Durante a protesta recalcouse que non se trataba dun acto de “partidos” nin de defender a unha persoa en concreto, senón de defender a propia xustiza e o dereito das vítimas do franquismo.

“Chámame poderosisimamente a atención que unha persoa sexa xulgada ou apartada da súa carreira precisamente cando intenta investigar o pasado franquista”, defendeu o portavoz del BNG, Guillermo Vázquez, que arremeteu contra a Lei de Amnistía, “que, no fondo, serviu para non poder tocar ao franquismo nin os seus crímes en toda a súa extensión”. Durante 1936 y 1951 desaspareceron en España unhas 114.000 persoas, entre elas, 4.300 galegos. Unha das asociacións que instaron ao xuíz Garzón a investigar é de Ponteareas.

“Liberdade e xustiza forman un urdido tan íntimo que sabemos, sabémolo moi ben, que cando se impón o silencio aos cidadáns, cando se isnta a suspensións das conciencias, o resultado final é a morte simultánea da xustiza e da liberdade”, reivindicou Manolo Rivas. O escritor tamén comparou o procesamento de Garzón co xuicio que recolle Alicia en el País de las Maravillas, de Lewis Carroll. “Aquí repítese ese delirio e se queima en un acto de fe coma na Inquisición a unha persoa que para unha mayoría encara como poucas a Xustiza”, subliñou, antes de destacar que “por primeira vez un maxistrado, en democracia, é sentado como acusado por intentar conseguir a verdade”. “El atendeu e escoitou por vez primeira ás nais das asociacións de loita contra a droga. El, con moito risco, enfrontouse por vez primeira, a serio, coas estruturas mafiosas do narcotráfico”, engadiu.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 
English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg