Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

20
Abr
2010
Presentación do informe sobre as 600 vítimas do franquismo na comarca da Coruña
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CRMH   

Presentación do informe sobre as 600 vítimas do franquismo na comarca da Coruña


   En setembro de 2009 celebramos a primeira reunión da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña co proxecto “Nomes e Voces”. Despois de varias reunións, en decembro de 2009 asinamos un convenio de colaboración entre a CRMH da Coruña e o Proxecto de Investigación Interuniversitario “Nomes e Voces”, cuxo obxectivo era subministrar os nomes dos mortos ocasionados pola represión franquista, entre 1936-1977, nestes dez concellos da comarca: A Coruña, Betanzos, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Cambre, Bergondo, Abegondo, Carral e Sada.


Constituíuse un equipo de traballo composto polos investigadores Dionisio Pereira, Carlos Velasco, Eliseo Fernández e Emilio Grandío. E, como resultado, entrégase á CRMH os nomes de 600 vítimas, asasinadas polo franquismo.

   Están excluídos os mortos partidarios dos golpistas e outras mortes violentas non relacionadas coa represión. Dentro destas 600 vítimas, hai 28 nomes descoñecidos; en canto a xénero, 590 son homes e 10 mulleres. Nesta listaxe tivéronse en conta os mortos executados despois dun consello de guerra e aplicación do bando de guerra, e os mortos extraxudiciais. A isto sumáronselle os desaparecidos con presunción de morte.

   Os criterios para a confección desta listaxe son: veciños da comarca mortos nestes concellos, os naturais da zona mortos fóra dos concellos –Galicia, España, campos de concentración de Francia e Alemaña-, e todas as persoas de fóra destes dez concellos que foron asasinadas neles.

   A metodoloxía utilizada foi o baleirado de rexistros civís de defuncións, rexistros de cemiterios, consellos de guerra, fontes orais e fontes bibliográficas locais e xerais (memorial de Mathausen, e toda a bibliografía existente relativa á guerrilla, por exemplo).

   Este é un traballo do equipo de “Nomes e Voces”, contando coa inestimábel colaboración de historiadores e investigadores locais e asociacións de recuperación da memoria histórica: Xesús Torres, Manuel Pérez Lorenzo, Carlos Pereira, Asociación Cultura Aberta de Carral. Contouse como referente inescusábel os traballo de Luís Lamela. A todos eles o noso agradecemento.

   A CRMH solicita aos medios de comunicación a máxima difusión desta listaxe de nomes de vítimas do franquismo na comarca da Coruña. Para poder completar esta listaxe, solicitamos a colaboración cidadá, especialmente de familiares e amigos das vítimas, para que aporten novos nomes e datos. Todos estes datos estarán na páxina web da CRMH: www. memoriadacoruna.com   As persoas interesadas poden contactar connosco a través da citada páxina web ou chamando ao teléfono : 645029338.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg