Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

06
Mar
2010
Manifesto a prol da continuidade de colaboración por parte da Xunta de Galicia
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CRMH   

Manifesto a prol da continuidade de colaboración por parte da Xunta de Galicia no traballo de recuperación da memoria da represión franquista en Galicia

A/A
Excmo. Sr. D. Roberto Varela Fariña
Conselleiro de Cultura e Turismo
Consellaría de Cultura e Turismo
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela

En reunión celebrada en Vigo o día 9 de xaneiro de 2010, e constatado o cambio en negativo por parte do actual goberno da Xunta de Galicia, en relación co corte ou eliminación da promoción e colaboración coas actividades que se desenvolven coas tarefas referentes á recuperación da Memoria Histórica, anulando a anterior liña de actuación que se viña desenvolvendo ata marzo de 2009, as asociacións abaixo asinantes,

 

ACORDAN

1.- Denunciar a redución da partida orzamentaria do Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares”, que tan importante labor estaba a levar adiante, reclamando que se continúe conservando o 100% da súa financiación.

2.- Perante o cambio de usos para Illa de San Simón, demandamos que a mencionada illa sexa
“Lugar da Memoria” de especial significación na historia de Galicia e como tal debe ser sinalizado, patrimonializado e promovido, onde se poida desenvolver todo tipos de actos de  recoñecemento, homenaxe  e difusión a todas aquelas persoas que sufriron a perda da liberdade por ser demócratas.

3.- Reclamamos a continuidade do Convenio entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Medicina Legal de Galicia para a exhumación das vítimas da represión franquista.

4.- Demandamos que se siga a promover a investigación na recuperación da
Memoria Histórica, así como o fomento de axuda e colaboración para
actividades e iniciativas promovidas por entidades, asociacións e institucións en realización de actos de recoñecemento das vítimas da represión franquista.

En Vigo a 9 de xaneiro de 2010

Asociacións asinantes:

Asemblea Republicana de Vigo (Vigo)
Asociación pola recuperación histórica de Marín (Marín)
Asociación Memoria Histórica 28 de agosto (Cangas)
Asociación Cultural Comisión pola Memoria “Sinhor Afranio” (Colectivo da provincia de Pontevedra)
Asociación Amigos de Johan Carballeira (Bueu)
Asociación  cultural “ A Oliveira” (Teo)
Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido” (Terra de Montes)
Asociación Civico-cultural Terra de Outes (Outes)
Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo (Lugo)
Asociación cultural Vagalumes (A Estrada)
Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36 (Vigo)
Colectivo Republicano de Redondela (Redondela)
Comisión Cidadá pola Verdade do 36 (Baixo Miño)
CRMH d´A Coruña (A Coruña)
Fundación 10 de marzo (Galicia)
Grupo “A Quenlla” (Galicia)
Instituto de Estudos Miñoranos (Val Miñor)

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg