Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

01
Mar
2010
O concello da Coruña retíralle as distincións a Franco
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Europa Press para "A Nosa Terra"   

O concello da Coruña retíralle as distincións a Franco

O Concello da Coruña ratifica hoxe en pleno a retirada de 21 distincións honoríficas, en aplicación da Lei de Memoria Histórica, unha medida aprobada o pasado 7 de setembro.

Nun comunicado, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña pide que a estas distincións se sume a retirada do título de fillo predilecto para o ex presidente da Xunta, Manuel Fraga, ministro de Gobernación durante a etapa franquista.

 

Entre as 21 distincións honoríficas, figura a retirada a Francisco Franco dos títulos de fillo adoptivo e predilectísimo; alcalde honorario e medalla de ouro da cidade, así como o título de fillo predilecto a José Millán Astray, fundador da Lexión, Juan Canalejo e Mariano Gómez Zamalloa.

Tamén figura a retirada do título de fillo adoptivo a varios ministros de Franco e xenerais, así como a medalla de ouro da cidade a Luís Carrero Blanco, vicepresidente do Goberno e ministro de Franco, e Fermín Gutiérrez Soto.

A CRMH de A Coruña considera unha "boa noticia" a ratificación da retirada destas distincións e "apoia" as argumentacións do goberno municipal coruñés para rexeitar as alegacións presentadas.

Non obstante, afirma non entender as "razóns" polas que se mantén o título de fillo adoptivo da cidade ao ex presidente da Xunta "cando esa mesma distinción se retira a outros oito ministros da ditadura", engade.

Ao respecto, lembra que esta distinción se lle concedeu no 1968 "cando Fraga sentaba no consello de ministros e participaba activamente en toda a política represiva e criminal da ditadura", conclúe.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 
English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg