Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

26
Feb
2010
A CRMH pide que o Concello da Coruña lle retire os honores a Manuel Fraga
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Xornal.com   

A CRMH pide que o Concello da Coruña lle retire os honores a Manuel Fraga

A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) pediu onte de novo que o concello lle retire ao ex presidente da Xunta Manuel Fraga a distinción de Fillo Adoptivo, pola súa “ampla folla de servizos ao servizo da Ditadura”, sinalou a entidade. Previsiblemente, o pleno da corporación municipal ratificará hoxe a supresión de 21 mencións honoríficas, en aplicación da Lei de Memoria Histórica.


A retirada de títulos afectaralle a Francisco Franco e a diversas personalidades relacionadas co franquismo, ente elas a sete ministros. Por elo, Manuel Monge censurou que se lle dea “un trato privilexiado a Fraga, cando el foi ministro no franquismo e participou na represión”.

Así, a CRMH da Memoria esixiu que o “camarada Fraga” –cualificativo que figura no BOE do 9 de febreiro de 1961– perda a distinción de Fillo Adoptivo, concedida no ano 1968, en plena ditadura, “cando a represión era brutal”, explicou Manuel Monge.

Na súa opinión, “Fraga aprobou execucións e foi partícipe de graves violacións dos dereitos humanos”. A mención honorífica que mantén “dá unha lamentable imaxe de Galicia ao ser un caso único en Europa”, dixo.
 

 

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Se o pasado é pasado

i o presente é o urgente

por qué inda busca a xente

aquil soño clausurado?

English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg