Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

22
Feb
2010
“UN ESTADO DEMOCRÁTICO NON PODE PAGAR A NÓMINA A MILITARES QUE FAN APOLOXÍA DO FASCISMO”
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CRMH   

23 F: Carta da CRMH ao Delegado do Goberno en Galicia

“UN ESTADO DEMOCRÁTICO NON PODE PAGAR A NÓMINA A MILITARES QUE FAN APOLOXÍA DO FASCISMO”

Será entregada o martes, 23 de febreiro, ás 10,30 horas na Delegación do Goberno en Galicia (praza de Ourense da Coruña).

Cando o 22 de xaneiro se procedía á retirada da estatua de Millán Astray, un militar realizaba o saúdo fascista, desde unha ventá do cuartel de Atocha. Esta imaxe foi difundida no informativo rexional de TVE.

Ante a gravidade destes feitos, e coincidindo co aniversario do intento de golpe militar de 1981, o Presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Manuel Monge, entregará unha carta ao Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, esixindo que se identifique a este militar e que se informe á sociedade da marcha do expediente, que se supón xa terá aberto o citado ministerio, así como das medidas disciplinarias adoptadas por Defensa.

Para a CRMH un estado democrático non pode pagar a nómina de militares que fan apoloxía do fascismo durante a súa xornada laboral; e non pode permitir que funcionarios públicos cometan este tipo de agresións contra a memoria das vítimas do franquismo.

 

Comentarios (1)
enlace ao video
1 Luns, 22 Febreiro 2010 18:11
Nemigo
onde está o enlace a isa imaxe?

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Déixame morrer no leito

soñando con froles dóuro

English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg