A BBC denuncia a «ameaza» do auxe da extrema dereita española
Paul Mason, xornalista da BBC, publicou un artigo no seu blog da BBC no que apunta a un crecemento da extrema dereita en españa xa que, segundo sostén, aÃnda seguen abertas as «cicatrices» da Guerra Civil.

No artigo publicado no seu blog difunde un vÃdeo baixo o logo da televisión pública británica gravado na capital do Turia.
Mason visita un ximnasio de boxeo no barrio valenciano do Cabanyal, onde entrevista a un preparador que se declara «nacional socialista» e membro de España 2000. Mason pon a esta formación como exemplo do repunte da extrema dereita en Valencia.
Paul Mason acudiu a entrevistar ao lÃder da formación, José LuÃs Roberto, quen explica que «imos utilizar todos os medios democráticos. Pero se chegamos a unha situación lÃmite, teremos que saÃr á rúa e usar a forza se é necesario».
O xornalista da BBC sitúa á formación como exemplo do que poderÃa ser un xerme da extrema dereita no Estado español similar ao de Grecia. Como contrapunto, Mason acode ao cemiterio de Paterna a visitar a fosa común onde se enterraron 2.300 persoas executadas durante o alzamento fascista español de 1936 para lembrar a «controversia que xera no Estado español a memoria histórica».
















