Tolerancia cero co franquismo
En decembro de 2007 as Cortes aprobaban a Lei da Memoria Histórica. No seu artigo 15 instaba ás Administración públicas a retirar a simboloxÃa franquista. Despois dun ano, e por falta de vontade polÃtica, A Coruña segue a ser a capital da simboloxÃa franquista.
O Pleno da corporación municipal de outubro de 2008 acordaba encomendar á Comisión municipal de Honras e Distincións a elaboración dun informe sobre a retirada da simboloxÃa franquista, contando co asesoramento de seis expertos, entre os que está Manuel Monge, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Pasaron tres meses e a citada Comisión aÃnda non tivo a primeira reunión.
Desde a CRMH da Coruña queremos luz e taquÃgrafos; que a cidadanÃa coñeza as causas do atraso na eliminación da simboloxÃa franquista; qué rúas hai que cambiar; a biografÃa de Franco, Mola, Sanjurjo, Canovas Lacruz, Millán Astray, etc. Imos explicar en qué nos baseamos para reivindicar eses cambios de rúas, de centros de ensino e a eliminación dos monumentos, placas, e escudos franquistas. E, finalmente, facemos público os obxectivos para a citada Comisión. Máis adiante presentaremos unha relación de rúas alternativas.
Quedamos de últimos. A Coruña é hoxe a capital da simboloxÃa franquista por unha estratexia polÃtica do goberno municipal, que non tiña outro obxectivo que conseguir votos. Era unha polÃtica de tolerancia co franquismo, onde a permanencia nas rúas dos verdugos xunto ás súas vÃtimas, era considerada como unha actuación exemplar. Para manter esa polÃtica o grupo municipal do PSOE, xunto co PP, impediron durante anos que a corporación municipal condenase o franquismo, honrase ás vÃtimas e suprimise a simboloxÃa franquista. Por outra parte, os gobernos municipais de Francisco Vázquez e Javier Losada estiveron negando a evidencia ata a celebración das últimas eleccións municipais; dicÃan que na Coruña non habÃa simboloxÃa franquista, que só era simboloxÃa histórica e, xa que logo, non habÃa nada que cambiar. Esta polÃtica vergoñenta e indigna fracasou.
Os tempos son chegados; é hora de aplicar unha polÃtica de tolerancia cero con franquismo, que sempre defendemos desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Â
















