O Concello retira os símbolos franquistas da concatedral de Vigo

O Concello retira os símbolos franquistas da concatedral de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presenciou hoxe a retirada dos vestixios franquistas da Colexiata de Santa María -concatedral- de Vigo, o último dos doce templos nos que o Concello está a actuar en aplicación da Lei da Memoria Histórica.

O rexedor socialista asegurou que, 71 anos despois do "acto de inxustiza" que supuxeron as escrituras na igrexa, o goberno local está "a pechar feridas" na cidade e "restablecendo" a xustiza para terminar coas "honras dos que se alzaron contra o goberno democrático" no ano 1936.

Abel Caballero resaltou que este proceso está a se facer en Vigo "desde a normalidade" e para "pechar feridas", e mostra diso foi a presenza no acto do neto do alcalde Martínez Garrido.

O alcalde agradeceu a cooperación do anterior e do actual bispo da diocese Vigo-Tui na aplicación da Lei da Memoria Histórica, xa que ambos ofreceron todas as "facilidades" ao goberno local para levar a cabo este proceso, que comezou o pasado mes de abril e que supuxo a retirada de vestixios franquistas en igrexas como a de San Miguel de Bouzas ou Santiago de Vigo.

O proceso para proceder á retirada destes emblemas execútase en dúas fases. Unha primeira, na que se eliminan placas ou inscricións presentes nas paredes destes templos e unha segunda na que se utilizan sistemas para retirar da pedra gravados ou rastros das placas que estaban pegadas.

 

Usted está aquí: Home Simboloxía franquista Simboloxía franquista O Concello retira os símbolos franquistas da concatedral de Vigo

Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

r/ Olmos 16 - 18 1º - 15003 A Coruña

T. 981 200869

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Newsletter

Subcribe

Poemas da memoria

>