Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

24
Xan
2010
Toledo fará limpeza de placas franquistas
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Público.es   

Toledo fará limpeza de placas franquistas
 

Cos votos a favor de PSOE e IU e en contra do PP, a cidade eliminará cinco placas e dúas rúas con alusións ao réxime

 O Concello de Toledo puxo este xoves o seu gran de area para cumprir a Lei de Memoria Histórica ao aprobar, cos votos do PSOE e do seu socio de goberno IU e a oposición do PP, a retirada das cinco placas con alusións franquistas que aínda quedan na cidade, entre elas a que homenaxea a José Antonio Primo de Rivera, e o cambio de nome das rúas General Moscardó e Alféreces Provisionales.

Ademais, decidiu crear unha comisión que estudará os criterios para a denominación das novas rúas da cidade ou os cambios nas xa existentes.

A votación produciuse en ausencia do alcalde de Toledo, Emiliano García-Page, que tivo que ir ao hospital ao ser avisado do atropelo do seu irmán xemelgo, ingresado para ser operado por unha fractura de tibia.

Por ese motivo, a moción -impulsada por IU- saíu adiante grazas ao voto do calidade do vicealcalde, Ángel Felpeto, que rompeu o empate a doce votos motivado pola oposición do grupo popular e a ausencia do alcalde.

O pleno do Concello de Toledo debateu dúas iniciativas relacionadas co rueiro da cidade: unha do PSOE para crear a citada comisión e a de IU sobre a retirada das placas e os nomes das rúas predemocráticas.

Trátase das placas dedicadas José Antonio Primo de Rivera, situada na rúa Comercio; ao Xeneral García Valiño, na rúa Martín Gamero; ao Xeneral Moscardó, na confluencia da praza de Zocodover e a Costa de Carlos V; ao Xeneral José Enrique Varela, na praza de Zocodover, e a Antonio Rivera, na praza de Santa Isabel.

Logros de IU

Os edís de IU lograron o apoio socialista á retirada, aínda que o cambio de nomenclatura pasará antes pola comisión que se acordou crear.

IU, que xa logrou en 2008 que o pleno aprobase a retirada da medalla de honra da cidade a Francisco Franco e o ano pasado que se quitase a placa de agradecemento ao ditador da fachada do Concello, conseguiu cambiar o nome da rúa General Moscardó pola súa antiga denominación de Costa dos Capuchinos e o de Alféreces Provisionais polo de rúa da Paz.

A proposta socialista está dirixida a incrementar o número de nomes de muller no rueiro municipal, aínda que recoñece que debe ser revisado en aplicación da Lei de Memoria Histórica.

Ademais de crear unha comisión específica que estude os criterios das novas denominacións e dos cambios de nomes, o pleno comprometeuse a informar ao Consello Social da cidade deses criterios para o seu debate, ditame e determinación.

Antes de ser aprobados polos órganos municipais, os cambios ou as novas denominacións serán comunicadas ao Consello Social.

O PP, que se opuxo a ambas, recordou que xa en 2007 acordouse crear unha comisión para estudar e reformar o rueiro sen que se constituíse o devandito órgano, polo que atribuíu o debate dunha iniciativa similar aos problemas internos do Goberno municipal.

 

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

¡Probe Galiza, que sangras

por mil feridas abertas!

¡Malia qénes che as fixeron!

¡Malia quénes che encadean!


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg