Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

20
Feb
2012
I Congreso de vítimas do franquismo
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Foro por la Memoria   
I Congreso de vítimas do franquismo

Rivas-Vaciamadrid, 20,21 e 22 de abril de 2012.


Madrid,  10 de febreiro de 2012



Estimados compañeiros

O Foro pola Memoria de Madrid (membro da Federación Estatal de Foros pola Memoria), en colaboración coa Cátedra Memoria Histórica do Século XX e o patrocinio do Ministerio da Presidencia, organiza o I Congreso Internacional Vítimas do Franquismo que se celebrará en Rivas Vaciamadrid (Madrid), entre o 20 e 22 do próximo mes de abril de 2012.

Neste evento terán protagonismo destacado as vítimas do franquismo que sufriron calquera das formas de represión desde a guerra civil até 1975: execucións, depuracións, expropiación de bens, encarceramentos (xa fóra en prisións, campos de concentración, batallóns de traballadores, colonias penais), represión de xénero, coaccións dos comportamentos, roubos de nenos, exilio, mortes ou torturas en comisaría ou en manifestacións.

Verdade, xustiza e reparación serán os temas a tratar en talleres abertos a vítimas, asociacións memorialistas e público en xeral.

O I Congreso Internacional Vítimas do Franquismo reunirá a especialistas en distintos ámbitos científicos: Dereito, Historia, Polítología, Filosofía, relacionados cos campos de estudo da represión franquista e os seus efectos sobre as vítimas. Neste ámbito científico faise unha convocatoria aberta a todos aqueles profesores, estudantes e público en xeral que desexen enviar unha comunicación (que será posteriormente publicada xunto cos relatorios programados).

No marco do Congreso, a Federación Estatal de Foros pola Memoria convocou unha asemblea de asociacións de recuperación e reivindicación da memoria das vítimas para debater sobre a problemática actual do movemento. Gustaríanos contar coa vosa presenza, para o que adxudicamos dúas inscricións de asistencia por Asociación. A tal fin rogamos confirmédesnos a identidade dos representantes que acudan, para que podamos confeccionar as credenciais correspondentes no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . Para calquera aclaración podedes chamar ao teléfono 660422745. O programa e todas as noticias relacionadas co congreso podedes consultalas na páxina web específica que creamos e á que podedes acceder pulsando sobre o banner incluído na presente carta. Así mesmo, podedes facer extensiva esta carta a outras organizacións memorialistas e de vítimas do franquismo dos vosos territorios e ás que por non dispor de datos non puidemos enviar.


Recibide un fraternal saúdo.





Miguel Ángel Muga Muñoz
José Mª Pedreño Gómez

Presidente do Foro pola Memoria de Madrid
Presidente Federación Estatal de Foros pola Memoria





Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

¡Probe Galiza, que sangras

por mil feridas abertas!

¡Malia qénes che as fixeron!

¡Malia quénes che encadean!


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg