Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

20
Feb
2012
A Casa do Rei protexerá a Iñaki Urdangarín até chegar aos xulgados
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por J. F. M. para "La Opinión de A Coruña"   
Temor á ira popular?
A Casa do Rei protexerá a Iñaki Urdangarín até chegar aos xulgados


A Policía aconsella que o duque descenda a rampla de acceso en coche ante a cantidade de lugares desde onde lle poderían lanzar obxectos



O vindeiro sábado 25 está citado a declarar nos xulgados de Palma Iñaki Urdangarín. Pero antes de que se dirixa cara ao despacho do xuíz, a Policía xa montaría dous operativos de seguridade para evitar que poida resultar alcanzado por algún obxecto.

O servizo de seguridade da Casa do Rei encargarase de protexer ao duque desde o lugar onde pase a noite até a porta exterior dos xulgados de Palma, situada na rúa Parellades. A partir dese momento, porase en marcha o segundo operativo, que realizarán os axentes da UPR, apoiados con policías de paisano que vixiarán todas as azoteas situadas nos arredores do edificio dos xulgados para evitar o impacto dalgún obxecto lanzado desde estes inmobles.

A pesar de que o xuíz decano de Palma, Francisco Martínez Espinosa, manifestou publicamente que o duque de Palma baixará andando a rampla dos xulgados mentres a Policía non lle justifique as medidas de seguridade que aconsellarían que chegase en coche, o certo é que esta incógnita non se resolverá até o mesmo sábado pola mañá, minutos antes da chegada de Urdangarín. A Policía remitiu un informe escrito ao xuíz decano no que lle expresa, seguindo criterios de seguridade, que é aconsellable protexer ao duque de Palma até a mesma entrada do edificio dos xulgados, polo que é mellor que baixe a rampla no interior do seu vehículo.

Fontes próximas ao operativo sinalaron que preocupa que algún manifestante poida coarse nalgún dos edificios situados fronte á porta do xulgado, polo que a Policía despregará varios axentes neste inmoble para impedir que desde ese lugar sexan lanzados obxectos.

Non só preocupan os edificios situados fronte á porta do garaxe. Hai outros que tamén dispoñen de terrazas ou balcóns que apuntan directamente cara ao interior da zona do aparcadoiro do xulgado.

Onde durmirá?

Un dos misterios mellor gardados polos responsables do operativo de seguridade é o lugar onde durmirá o duque de Palma a véspera da declaración. Fontes próximas ao operativo de seguridade sinalaron que o máis lóxico é que durma nun hotel, e non no palacio de Marivent. Tampouco se descarta que non durma en Mallorca e que o sábado á primeira hora tome un avión con destino a Palma.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Se o pasado é pasado

i o presente é o urgente

por qué inda busca a xente

aquil soño clausurado?

English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg