18 Feb 2012 |
A Coruña acolle a segunda concentración en contra da inhabilitación de Garzón
|
A Coruña acolle a segunda concentración en contra da inhabilitación de Garzón ![]() A praza de Galicia da Coruña foi o lugar da concentración Varias ducias de persoas concentráronse onte A Coruña para expresar o seu rexeitamento á sentenza do Tribunal Supremo pola que se inhabilita a 11 anos de prisión ao xuíz Baltasar Garzón por ordenar escoitas aos xefes da trama Gurtel cos seus avogados en prisión. É a segunda mobilización que se celebra na cidade, tras a convocada o pasado fin de semana unha vez coñecido o fallo xudicial. Como na anterior ocasión, a protesta celebrouse na praza de Galicia, onde se sitúa a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Convocada pola Plataforma Galicia con Garzón, nela léronse diversos textos no seu apoio, entre eles algúns de xuristas internacionais, xunto á alegación de defensa do maxistrado. Ademais, expresouse o apoio á mobilización do próximo día 23, na praza do Toural, en Santiago. Ademais, unhas duascentas persoas manifestáronse onte en Torres (Xaén), o pobo natal do xuíz, en apoio ao maxistrado. A marcha comezou cunha concentración á entrada do parque da localidade e continuou pola rúa que leva o nome do xuíz. A metade de camiño os asistentes asinaron en apoio ao xuíz nuns paneis preparados ao efecto, coa foto do maxistrado á beira. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|














