Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

16
Feb
2012
ONU: España debe abolir Lei de Amnistía e investigar crimes da ditadura
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por LibreRed.net / Reuters   
ONU: España debe abolir Lei de Amnistía e investigar crimes da ditadura

A oficina de dereitos humanos de Nacións Unidas dixo que España debe investigar os crimes contra a humanidade cometidos durante a época do ditador Francisco Franco e debe revogar a súa amnistía aos autores xa que non hai un estatuto que limite os procesamientos, informa Reuters.


Rupert Colville, portavoz da Alta Comisaria de Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, dixo que "España está obrigada baixo o dereito internacional a investigar as graves violacións contra os dereitos humanos do pasado, incluídas aquelas cometidas durante o réxime de Franco e perseguir e castigar aos responsables se é que algún vive aínda".

Durante unha comparecencia ante a prensa, Colville dixo que tamén existe o deber de defender o dereito das vítimas e das súas familias a unha compensación.

"Segundo a recomendación do Comité de Dereitos Humanos 2009, España debería abolir a Lei de Amnistía, que non está en conformidade coa lei internacional sobre dereitos humanos" indicou.

Colville referíase ás recomendacións do Comité de Dereitos Humanos da ONU, integrado por 19 expertos independentes que supervisan o acatamento do Pacto Internacional de Dereitos Políticos e Civís. España ratificou o histórico pacto en 1966.

Os expertos recomendaron especificamente que España debe considerar a derrogación da Lei de Amnistía e reformar as leis que garantan que os tribunais nacionais recoñecen que o estatuto das limitacións non se aplica nos crimes contra a humanidade, dixo.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

¡A Libertade nunca

perdéu ningunha loita!

...

¡Adiante a terra a nosa!



English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg