10 Feb 2012 |
Declaración da Plataforma "Galicia con Garzón" - A Coruña
|
Declaración da Plataforma "Galicia con Garzón" - A Coruña
Despóis de rematado o xuízo pola investigación dos crimes do franquismo contra do xuíz Baltasar Garzón, e logo de saber a nova de que o antedito xuíz ten sido condeado a unha pena de once anos de inhabilitación para exercer o seu cargo,as organizacións integrantes da Plataforma “Galicia con Garzón” (UGT, Fundación Luís Tilve, Fundación e Asociación Érguete, Ateneo de Santiago de Compostela, Ateneo de Pontevedra, Proxecto Home, Asociación Galega contra o Narcotráfico, Foro Galego de Inmigración, Proxecto Nomes e Voces, Comisión pola Recueración da Memoria Histórica da Coruña, Fundación 10 de Marzo, Xustiza e Sociedade, Pen Club de Galicia, Xeneme, Seminario Galego de Educación para a Paz, Ateneo Republicano de Galicia, xunto con diversas personalidades do mundo da cultura), reunidas en A Coruña, acordan:
En primeiro lugar, Rexeitar e manifestar a nosa máis enérxica repulsa á sentencia do Tribunal Supremo, que condea ao Baltasar Garzón a once anos de inhabilitación para exercer o seu cargo como xuíz. Esta sentencia supón un auténtico linchamento por parte do Supremo do xuíz Garzón, o que convirte este procedimiento nun auténtico escándalo. É imposible de comprender que sexa precisamente o único condeado o que persiguíu a unha trama de presuntos corruptos e delincuentes. Baltasar Garzón é o único xuíz na historia do Estado español que ten sido condeada por ordear (a instancia da policía) escoitas telefónicas.
O Tribunal Supremo é o máximo órgao da xudicatura no Estado español. Con esta sentencia, descostra claramente cal é a súa intención, polo que non nos queda máis que pedir que dunha vez vaian fóra os fascistas das tripas da xustiza. Convocar unha reunión coas familias dos represaliados polo franquismo da comarca da Coruña, para o próximo 14 de febreiro, ás 7 da tarde, no local da A.C. Alexandre Bóveda (rúa dos Olmos, 14-16, 1º andar, A Coruña), invitándolles a tomar un papel relevante nas actividades convocadas pola Plataforma “Galicia con Garzón” na cidade da Coruña, pois son elas as que sufriron nas suas próprias vidas a represión xenocida do franquismo. Son elas, xa que logo, as que teñen todo que dicir sobre a solidariedade que o xuíz Garzón necesita, ao pasar de ser defensor dos dereitos das familias a encausado por un suposto delicto de prevaricación por parte do Tribunal Supremo. Convocar unha concentración cidadá de solidariedade con xuíz Garzón o próximo sábado 11 de febreiro, ás 18’30 h., diante do palacio de Xustiza, na praza de Galicia da Coruña, baixo as consiñas, entre outras, de: O Golpe do 9-F: Garzón inhabilitado, corruptos en liberdade Memoria contra a impunidade: Todos co Xuíz Garzón para xulgar os crimes do franquismo Nesa concentración, leríase un manifesto conxunto e habería algunhas intervencións por parte de xente da cultura. Respaldar a traxectoria dun xuíz horado e Valente, comprometido a fondo coa xustiza, cos dereitos humanos, coa loita contra o narcotráfico, co recoñecemento e respecto ós dereitos das vítimas da ditadura franquista en España, e contra da corrupción política. Un xuíz abandeirado da Xustiza Universal e da loita contra a impunidade dos crimes conta a Humanidade. Agradecer a súa coherencia e o seu compromiso coa Lei e cos dereitos da xente, que fan deste xuíz unha persoa querida por todos aqueles que no noso pais e no resto do mundo teñen “fame e sede de xustiza”. Quéreno as mulleres da Praza de Maio arxentinas, os demócratas chilenos, as nais galegas e do resto de España loitadoras contra o narcotráfico, as familias dos mortos e desaparecidos vítimas da guerra civil e da represión da ditadura franquista, os cidadáns que desexan un pais libre da corrupción política. Admírano en ducias de Universidades de todo mundo que o premiaron e honraron coas seus mellores distincións. Respecto e admiración que se estende as principais institucións xurídicas internacionais. Apoiar a un xuíz tamén temido e odiado, si, pero polos delincuentes, polos narcotraficantes, polos terroristas, polos ditadores e corruptos calquera que sexa o seu signo político. Temido, odiado e perseguido polas tramas escuras o servizo de escuros intereses de poderosos grupos económicos e políticos que desexan velo privado do seu principal atributo: o de Xuíz. Solidarizarse con Baltasar Garzón Real polo que merece, polo que representa e polo que simboliza. Non é esaxerado afirmar que para millóns de persoas en España, e mesmo en todo o mundo, os xuízos que agora está a piques de comezar van poñer a proba a calidade da democracia española e particularmente a do seu sistema xudicial. Sería sorprendente e moi difícil de entender que antes de que os imputados na maior trama de corrupción política da que temos noticia no noso pais sexan xulgados e condenados, sexa expulsado da carreira xudicial o xuíz que iniciou esta investigación, e mais aínda tendo en conta que os feitos atinxen de xeito directo o partido político que con ampla maioría exerce hoxe o poder no noso país. Dende do noso respecto obrigado á Xustiza, compartimos as preocupacións dun amplo sector da cidadanía polo estraño inicio e remate dos procedementos para actuar contra este xuíz, e dos sucesivos incidentes igualmente estraños habidos ate agora, que incluso chegaron a sementar dúbidas sobre a limpeza e imparcialidade dos xuízos que estánse a realizar Sabemos do sentido da dignidade do pobo galego posta de manifesto en múltiples ocasións. Consideramos que sería indigno e impropio dunha sociedade que se di solidaria e democrática deixar só a Xuíz Garzón neste intre tan difícil para el, para a súa familia e para a nosa futura convivencia democrática. Nin Garzón nin o noso pobo o merecen. Por iso, facemos un chamamento a toda a cidadanía para estender a solidariedade con Garzón. El sabe que non está só, mais é importante que tamén o sinta. E que o sinta o conxunto da sociedade galega. Non é ningún tópico afirmar que a causa e a loita de Garzón, e tamén a causa e a loita de toda e todos os homes e mulleres de ben. A Coruña, 9 de febreiro de 2012.
UGT Galicia, CC.OO Galicia, Fundación Luís Tilve, Fundación e Asociación Érguete, Ateneo de Santiago de Compostela, Ateneo de Pontevedra, Proxecto Home, Asociación Galega contra o Narcotráfico, Foro Galego da Inmigración, Proxecto Nomes e Voces, Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña, Fundación 10 de Marzo, Xustiza e Sociedade, Pen Club de Galicia, Ateneo Republicano de Galicia, Xeneme e o Seminario Galego de Educación para a Paz, xunto con diversas personalidades do mundo da cultura (Manolo Rivas, Marilar Aleixandre, Víctor Freixanes, Xosé Lois Pereiro, Xurxo Souto, Euloxio Ruibal, Miguel Anxo Fernán Vello, Xosé Freixanes, Fina Casalderey, Teresa Navaza, Aurora Marco, Helena Villar Janeiro, Antón Sobral, Fernando Filgueira, Antón Patiño, Menchu Lamas, Francisco Pillado Maior, Manuel Monge González...)
Amosa a túa opinión sobre este artigo
|













