Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

08
Feb
2012
O parlamento humilla ás vítimas e leva a cabo un acto de apología do terrorismo de estado homenaxean
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Kaos en la Red   
O parlamento humilla ás vítimas e leva a cabo un acto de apología do terrorismo de estado homenaxeando a Fraga

O Congreso homenaxeou hoxe ao fascista e cómplice de asasinatos políticos Manuel Fraga, cunhas palabras de recoñecemento lidas polo presidente da Cámara, Jesús Pousada, en ausencia dos deputados das minorías de esquerda e do PNV. Indecente, inmoral e unha provocación insoportable.


Pousada lembrou ao veterano político, falecido o pasado 15 de xaneiro aos 89 anos, e ademais de resaltar que en todas as súas facetas demostrou "lealdade e sentido democrático" subliñou o "destacado papel" que desempeñou na Transición "contribuíndo de forma decisiva á concordia e reconciliación entre os españois". Case nada. Apología do terrorismo de estado, e do franquismo, en plena sede parlamentaria, onde, suponse, reside a soberanía popular. 


As súas palabras foron acollidas con aplausos por boa parte da Cámara, principalmente do maioritario grupo popular pero coa complicidade do resto de grupos da dereita, porque ,aínda que non aplaudiron algúns deputados do PSOE, entre eles Alfonso Guerra ou Elena Valencano, nin tampouco os nacionalistas de CiU, os demais lexitimaron este acto da vergoña e da humillación histórica ás vítimas coa súa presenza.

Tal acto, ademais dunha clara apología da ditadura franquista e do terrorismo de estado, é, para a memoria das vítimas de Fraga, un acto indecente, inmoral, e unha provocación insoportable. É a demostración palpable de que o franquismo xamais acabou, e é unha forma sutil de reirse na cara dos "vencidos" e demostrar, unha vez máis, quen foron e seguen sendo os "vencedores".

Fóra do salón de plenos, no corredor, atopábanse os poucos deputados cunha mínima de decencia histórica que poboan os escanos desa cámara, os mesmos deputados que se ausentaron para evitar mostrar o seu apoio a Fraga, pertencentes a EU, ERC, ICV e Compromís; tampouco estaban dentro do hemiciclo os do PNV e Amaiur.

O tres deputados de ERC no Congreso cualificaron o acto como "inaudito, impropio e fóra de lugar". O portavoz dos republicanos cataláns, Alfred Bosch, subliñou en declaracións aos medios que o Congreso é "a casa da democracia", cuxos representantes son elixidos as urnas, polo que non é propio que celebre homenaxes "a persoas que non quixeron varrer o seu pasado franquista".

Unha homenaxe que, a xuízo dos ausentes, está en "as antípodas" do que debe ser un Parlamento e que sería "inconcibible" en calquera democracia actual con pasado de ditadura militar ou autoritarismo ideolóxico.

Hoxe é, unha vez máis, un día triste para todos os demócratas, hoxe, unha vez máis, o fascismo crece, se extendie e faio, encima, nese mesmo lugar onde, suponse, os cidadáns e cidadáns do estado español deben ver representada a democracia. Claro, que, en verdade, a ninguén lle debería estrañar: esta é, nin máis nin menos, a "democracia" que temos. Unha demosfacia.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Martes, 22 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Se o pasado é pasado

i o presente é o urgente

por qué inda busca a xente

aquil soño clausurado?

English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg