05 Feb 2012 |
Unha protesta recibirá a Urdangarin en Palma o día da súa declaración
|
Unha protesta recibirá a Urdangarin en Palma o día da súa declaración Os promotores, o colectivo Maulets, cren que a monarquía é unha institución "corrupta e imperialista" O colectivo independentista Maulets convocou unha concentración en rexeitamento á monarquía para o 25 de febreiro, o día no que está previsto que declare nos xulgados de Palma o xenro do rei, Iñaki Urdangarin, como imputado nunha peza separada do caso Palma Arena.Un integrante dese grupo, Álvar Hervalejo, afirmou onte en rolda de prensa que se tratará dunha protesta pacífica ás portas do xulgado "con bandeirolas e pancartas", pero na que a cidadanía expresará o seu rexeitamento a unha institución que cualifican de "corrupta e imperialista", informa Efe. A protesta, sinalaron os seus convocantes, débese ao "asombro" co que os membros de Maulets ven que a corrupción, "unha vella coñecida na illa", tamén "salpica" á Coroa. Para este grupo, a Casa Real é "unha institución que xa representa de seu un gasto público absurdo", unha circunstancia que cren aínda máis "sanguenta" nun contexto de crise económica. Neste sentido, Hervalejo censurou o custo que supón manter a Casa do Rei -8,4 millóns foi a súa asignación directa en 2011 vía Presupostos-. No entanto, segundo este grupo, a familia real "acumula unha fortuna valorada en 1.800 millóns de euros". O duque de Palma está imputado desde o pasado 29 de decembro polo suposto desvío de fondos públicos do Govern balear e outras institucións cara ao Instituto Nóos, que foi presidido por Urdangarin até 2006. Os membros de Maulets fan un chamamento a todas as entidades, grupos e persoas que queiran unirse a unha concentración que, aseguran, desenvolveranse de forma pacífica e reivindicativa. Hervalejo aseverou que o seu grupo apela á participación da cidadanía "en base á dignidade de saír á rúa" e indicou que Palma "ten especial conflito coa monarquía", pois o rei e a súa familia pasan na illa gran parte do verán. "É un sentimento xeral no movemento social de Palma que esta monarquía non nos convén", apostilou Hervalejo, quen considera que é o momento de protestar contra unha institución coa que moitos cidadáns non senten identificados. Para Maulets, a monarquía é unha institución "anacrónica, antidemocráticay herdeira do franquismo e cómplice dos últimos asasinatos do réxime". Amosa a túa opinión sobre este artigo
|





O colectivo independentista Maulets convocou unha concentración en rexeitamento á monarquía para o 25 de febreiro, o día no que está previsto que declare nos xulgados de Palma o xenro do rei, Iñaki Urdangarin, como imputado nunha peza separada do caso Palma Arena.







