Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

29
Xan
2012
A segunda última oportunidade para xulgar aos cómplices do Holocausto
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Jorge Marirrodriga para "El País"   
A segunda última oportunidade para xulgar aos cómplices do Holocausto

A principal organización que busca nazis cre que só lle quedan cinco anos antes de que practicamente todos desaparecesen




Auschwitz.


"Creo que dentro de cinco anos xa non se poderá xulgar a ninguén". Co realismo que dá saber que o tempo é inexorable, Efraim Zuroff director do Centro Simon Wiesenthal en Xerusalén apunta a data en que poderá darse por concluído o que talvez sexa o maior esforzo realizado nunca, por amplitude e duración, para tratar de levase ante a xustiza a quen cometeron un crime concreto contra a humanidade. Os homes e mulleres que, amparados e esporeados polo réxime nazi, participaron no asasinato de seis millóns de xudeus. Un crime que marcou o século XX e que hoxe se conmemora en todo o mundo no Día da Memoria do Holocausto.

Ao final foi o tempo o mellor aliado de miles de cómplices do Holocausto e a loita por localizar aos culpables converteuse nunha carreira contra o reloxo. Hai pouco máis dun mes, o Centro Simon Wiesenthal lanzou a Operación Última Oportunidade II, unha especie de tempo de desconto en procura da xustiza. O último minuto "a Operación Última Oportunidade" comezou en 2002. "Recibimos máis de 4.000 chamadas fiables", explica Zuroff, quen subliña que "non valía con chamar e dicir 'teño un veciño duns 90 anos con acento alemán que podería estar implicado'. As informacións eran filtradas e contrastadas. "Cada chamada tiña que pasar un triplo filtro: a información debía ser fiable, o sospeitoso tiña que estar en condicións físicas e mentais de ser sometido a xuízo e ademais non debía ser procesado antes polos mesmos feitos", explica.

Os resultados foron sorprendentes. En nove anos, foron localizados case 600 sospeitosos firmes, dos cales, tras reunir probas, un centenar foi acusado as autoridades dos países nos que residían. "A verdade é que tivemos moita colaboración das autoridades locais por exemplo en Italia, Alemaña, Francia ou EE UU".

Pero desde o fin da II Guerra Mundial un dos maiores problemas para xuíces e fiscais foi probar que os acusados polo Holocausto estaban directamente implicados nos crimes. Hai multitude de exemplos, como o de Erich Lachman, un albanel reconvertido en gardián do campo de concentración de Sobibor (en Polonia) acusado de colaborar na morte de 150.000 xudeus, pero absolto por falta de probas. "Iso cambiou completamente co caso Demjanjuk", indica Zuroff. En maio de 2011, Ivan Demjanjuk, quen entre marzo e setembro de 1943 exerceu como gardián voluntario do campo de Sobibor foi condenado en Múnic a cinco anos de cárcere, a pesar de non probarse a súa relación directa cun crime concreto. Para o tribunal bastou a pertenza aos grupos de gardiáns dun lugar onde a morte era algo rutineiro. Alí morreron exterminados 250.000 xudeus. "Esta sentenza cambia todo", recalca Zuroff en cuxa opinión aínda quedan ducias de casos que poden ser levados ante os tribunais, especialmente de Alemaña. O caso Demjanjuk supuxo esa prórroga engadida na procura de culpables á que Simon Wiesenthal, sobrevivente de Mauthausen, dedicou a súa vida.

E despois dese cinco anos? "Xa nos estamos dedicando a outras actividades sobre todo combater o antisemitismo desde a educación", afirma Zuroff, que engade. "Diría que estamos a pasar das aulas do xulgado ás aulas da escola".

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Luns, 21 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Se o pasado é pasado

i o presente é o urgente

por qué inda busca a xente

aquil soño clausurado?

English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg