28 Xan 2012 |
TV3 podería emitir o documental "Monarquía ou República?" e o PP suxire que non o faga para non dana
|
TV3 podería emitir o documental "Monarquía ou República?" e o PP suxire que non o faga para non danar á Monarquía
Con dous anos de atraso, parece ser que Televisió de Catalunya (TVC) ten listo para emitir o documental "Monarquia ou República?", en pleno debate social sobre a imputación do esposo da Infanta Cristina, Iñaki Urdangarin.Na comisión de control da Corporació Catalá de Mitjans Audiovisuals (CCMA) no Parlament o PP suxeriu non emitir o documental. O presidente do consello de goberno da CCMA, Enric Marín, explicou que non está aínda programado para a súa emisión pero "cumpre cos estándares de calidade, diversidade de puntos de vista, contraste e veracidade a criterio da cadea". En canto á data de emisión, dixo que dependerá da "política da televisión", despois de que o deputado do PP Santi Rodríguez asegurase ouvir que a súa emisión xa está prevista. "Chegounos que TVC ten intención de programar o documental nunhas datas próximas", dixo o deputado popular. Rodríguez subliñou as "difíciles circunstancias da monarquía nestes momentos procesuais e de contorna", polo que instou á cadea a valorar a oportunidade de emitir nestes momentos o documental. Aínda que Marín asumiu que "efectivamente é un tema delicado", avisou ao deputado de que os medios de comunicación públicos non funcionan a base de tabús, senón que deben poder falar dos xefes de Estado, sexan reis ou presidentes de república. "En culturas democráticas consolidadas non se produce este tipo de limitacións. O outro extremo son os poderes sacros, dos que non se pode falar nin representar", explicou Marín, reiterando que os xefes de Estado son obxecto de información como o resto de actores políticos. Rodríguez insistiu en que valore "a posibilidade de dano que se pode causar na Monarquía" con esta emisión, e sinalou que, se o programa estivo dous anos paralizado por algúns axustes de enfoque, aplíquese tamén agora esta paralización. Marín resolveu argüindo que o consello de goberno da CCMA non ten a competencia de programar, "senón de garantir que os criterios xenéricos de programación responden o servizo público". Amosa a túa opinión sobre este artigo
|






Con dous anos de atraso, parece ser que Televisió de Catalunya (TVC) ten listo para emitir o documental "Monarquia ou República?", en pleno debate social sobre a imputación do esposo da Infanta Cristina, Iñaki Urdangarin.











