27 Xan 2012 |
Nais de Praza de Maio arxentina impugnarán a "inmoral persecución" a Garzón
|
Nais de Praza de Maio arxentina impugnarán a "inmoral persecución" a Garzón
A asociación arxentina Nais de Praza de Maio dixo hoxe que acudirá ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos para impugnar a "inxusta e inmoral persecución" contra o xuíz Baltasar Garzón por declararse competente para investigar crimes cometidos durante a guerra civil e a ditadura franquista.Garzón cumpriu co seu deber ao iniciar en 2008 "como autoridade xurisdiccional competente" a investigación de crimes de lesa humanidade cometidos durante a guerra civil española (1936-1939) e a posterior ditadura do xeneral Francisco Franco, subliñou a asociación nun comunicado. O experto arxentino en dereito constitucional Eduardo Barcesat impugnará ante o tribunal humanitario europeo de Estrasburgo a "inadmisible denuncia" por prevaricación pola que se xulga a Garzón en España, indicaron as Nais de Praza de Maio. A asociación humanitaria, presidida por Hebe de Bonafini, destacou que esta iniciativa "estará aberta a persoas e organizacións sociais de todo o mundo, para acreditar que a conciencia xurídica universal foi ofendida" polo proceso que se lle segue a Garzón. "Máis aló do que se resolva" nos tribunais de España, "cada día de permanencia deste proceso configura un agravio" para Garzón "e agravia tamén a todos" os defensores dos dereitos humanos, insistiu logo de remarcar que "nin sequera" a Fiscalía sostivo os cargos contra o maxistrado. Garzón, quen investigou delitos de represión cometidos pola ditadura arxentina (1976-1983),está a ser xulgado en España por prevaricación, ao abrir unha investigación sobre os crimes do franquismo a pesar da existencia dunha Lei de Amnistía. O martes pasado, a Fiscalía e a defensa pediron a absolución do maxistrado, quen se enfronta á petición de até 20 anos de inhabilitación logo das querelas iniciadas por dous grupos de ultradereita e que foron admitidas a trámite pola xustiza española. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|






A asociación arxentina Nais de Praza de Maio dixo hoxe que acudirá ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos para impugnar a "inxusta e inmoral persecución" contra o xuíz Baltasar Garzón por declararse competente para investigar crimes cometidos durante a guerra civil e a ditadura franquista.











