23 Xan 2012 |
O Congreso volverá debater se se xulgan os crimes franquistas
|
O Congreso volverá debater se se xulgan os crimes franquistas O BNG repesca o seu texto coincidindo co xuízo a Garzón pola memoria histórica O pasado 19 de xullo, o Congreso dixo non. Non a revisar a Lei de Amnistía de 1977, non a permitir que os crimes do franquismo sexan considerados un xenocidio e delitos de lesa humanidade, imprescriptibles e, por tanto, perseguibles aínda hoxe xudicialmente. Non a sequera discutir e emendar esa proposta exposta polo BNG. PSOE, PP, CiU, Coalición Canaria, UPN e UPyD impedírono. Tombaron a iniciativa e negáronse a admitila a trámite. Aquel debate coincidiu cunha semana simbólica: un día antes, o 18 de xullo, cumpríanse 75 anos do golpe de estado que truncou os soños da República. O pleno do Congreso, con José Bono á cabeza, nin se atreveu a condenar a sublevación militar. O debate volve á Cámara noutro momento simbólico, poucas horas antes de que Baltasar Garzón sente no banco do Tribunal Supremo acusado de presunta prevaricación por haberse arrogado a competencia de investigar o horror da ditadura. O BNG ha repescado a súa proposta e rexistrouna de novo nun Congreso agora baixo o control absoluto do PP. Agora será a Xunta de Portavoces a que decida cando se discuta a admisión a trámite da proposta de reforma da Lei de Amnistía. E nese pleno será previsiblemente vetada outra vez. "A nosa iniciativa ten plena vixencia, máis sentido que nunca. Vemos unha operación de acoso e derriba contra un xuíz que quixo remover as augas nun terreo que parecía vedado", explicaba onte a Público Francisco Jorquera, portavoz do BNG en Madrid. O que buscan os nacionalistas galegos non é "reabrir feridas", senón "pechalas desde a verdade e a reparación ás vítimas". Abrir a porta para que aquilo que tentou o maxistrado da Audiencia Nacional sexa posible: que España se reconcilie co seu pasado e poida indagar os crimes da ditadura. No auto de 16 de outubro de 2008, no que Garzón se declaraba competente para abrir a causa, recollía información de 114.266 desaparecidos entre 1936 e 1951. Non puido dar máis pasos. Por esa resolución sentará mañá no Supremo. Un reto para o PSOE O BNG cre que se fixo unha aplicación "perversa" da Lei de Amnistía, pois se en 1977 serviu para sacar dos cárceres aos represaliados por loitar pola democracia, "hoxe úsase como coartada para impedir que se esclarezan os delitos do franquismo". "Púxose a Transición como modelo para América Latina -razoou Jorquera-, pero agora América Latina aboliu as súas leis de Punto Final. A nosa Lei de Amnistía actúa como Lei de Punto Final". É dicir, como norma de "absolución dos verdugos". O BNG sabe que, como en xullo, a esquerda minoritaria (EU, ICV, ERC) apoiaralle, e que o PP o rexeitará. Aínda así, seguirá merecendo a pena para "suscitar o debate e clarificar as posicións de todas as forzas". E o PSOE? Jorquera desafía: "Agora que quere recuperar a súa imaxe de esquerdas, ten unha excelente oportunidade para retratarse coa nosa iniciativa". Amosa a túa opinión sobre este artigo
|













