Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

17
Ago
2009
A Fundación Alexandre Bóveda insta á Xunta a asumir a celebración do Día da Galiza Mártir
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por anosaterra.org   
A Fundación Alexandre Bóveda insta á Xunta a asumir a celebración do Día da Galiza Mártir
 

A Fundación Alexandre Bóveda insta a Xunta a asumir a celebración do Día da Galiza Mártir, na que se honra a memoria do galeguista que dá nome a esta entidade. 'Non acaba de ser asumido institucionalmente', lamentou Xoán Carlos Garrido, un dos portavoces da Fundación

 

O BNG realizou a proposta para declarar o 17 de agosto como o Día da Galiza Mártir, en recordo da figura do galeguista Alexandre Bóveda, fusilado tal día de 1936, aínda que esta iniciativa foi rexeitada no seu momento ao non contar cun "amplo consenso".

O fillo do galeguista, Xosé Luís Bóveda, insistiu en que "o normal é que todos participasen nos actos", que se celebran desde o ano 1942, pero "non queren", lamentou.

Xoán Carlos Garrido explicou que a celebración busca "rememorar cun día concreto a Bóveda e, por extensión, todas as vítimas galegas da Guerra Civil e do franquismo". Ao tempo, tamén é un acto "familiar e cívico, pola perda dunha persoa" e tamén se recorda ao Bóveda político", pola súa contribución "decisiva" ao autogoberno de Galiza e á propia existencia das institucións autonómicas.


A Fundación Alexandre Bóveda e os concellos de Pontevedra e Poio compartirán o vindeiro luns, como todos os anos, os actos do Día da Galiza Mártir, que son similares aos doutros anos.

Actos

Desta forma, sobre as 13.00 horas terá lugar a tradicional ofrenda floral no monumento en recordo de Bóveda que foi erixido na Caeira. Intervirán o alcalde de Poio, Luciano Sobral; o presidente da Fundación Bóveda, Fernando Quintela; e o fillo do galeguista Xosé Luís Bóveda.

Ás 18.30 horas, na capela do cemiterio de San Mauro, celebrarase unha misa en recordo de Alexandre Bóveda e, unha hora máis tarde, terá lugar outra ofrenda floral no panteón familiar no mesmo cemiterio no que repousan os seus restos.

A Fundación Alexandre Bóveda acordou recoñecer o labor de estudo e divulgación da historia contemporánea de Galiza realizada por profesor Xusto Beramendi González e pola súa tarefa como conferenciante, por "colaborar na recuperación da memoria de moitas das vítimas da represión franquista" e sobre todo "como motivador do seu alumnado para desenvolver este traballo de investigación e difusión do noso pasado silenciado".

As homenaxes do Día da Galiza Mártir pecharanse na praza de Curros Enríquez, cun acto cívico –organizado polo Bloque– fronte ao busto de Bóveda no que participará o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez. 

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Luns, 21 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

¡A Libertade nunca

perdéu ningunha loita!

...

¡Adiante a terra a nosa!



English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
beys1.jpg