09 Set 2007 |
Homenaxe as vítimas De O´Portiño
|
A) Descrición da actividade: Render unha homenaxe aos homes que tentaban fuxir nos días primeiros de marzo de 1937, van agora 70 anos. Tentamos simbolizar nesta data moitas fugas que durante os anos da guerra civil, e coa axuda da organización "Despertar Marítimo" foron artellándose con máis ou menos sorte. Programa do acto: No peirao de O`Portiño às 19:30 h do 9 de Marzo do 2007 Iniciamos o acto con música. Benvida e presentación Noméanse às vítimas Interveñen : Eliseo Fernandez, Serafín Mourelle, Xurxo Souto, Manolo Rivas, intercalando música. Ofrenda Floral e Bengalas Proxección dun video feito para a ocasión recollendo testemuños sobre os feitos Convite aos asistentes
B) Data da actividade: 9 de Marzo do 2007 C) Interese da actividade: As vítimas dos feitos que lembramos eran xente moi nova e non especialmente significada máis a súa represión foi utilizada polos verdugos para exemplificar e deter as ansias de liberdade. Obxectivo que non acadaron. D) Potencial nº de beneficiarios:Asistiron máis de 200 persoas. E a súa divulgación polos medios de comunicación, prensa escrita (acompañamos as reportaxes) radio e televisión chegou a máis de 70.000 persoas E) Repercusión Territorial: A Coruña e a súa comarca.
|













